Ir o contido principal

Dispoñible en Iacobus a ferramenta de intelixencia artificial Asistente de Investigación

A IA utiliza o Índice Central de Descubrimento de Clarivate, unha ampla base de datos de contido académico e de investigación, para identificar cinco documentos que poidan axudar a responder as preguntas dos usuarios.
A IA utiliza o Índice Central de Descubrimento de Clarivate, unha ampla base de datos de contido académico e de investigación, para identificar cinco documentos que poidan axudar a responder as preguntas dos usuarios.
O Asistente de Investigación é unha ferramenta de intelixencia artificial xerativa integrada no buscador da biblioteca que permite explorar contido académico mediante preguntas en linguaxe natural.

A BUSC pón a disposición da comunidade universitaria no seu buscador Iacobus, unha ferramenta de intelixencia artificial xerativa que permite explorar contido académico formulando preguntas en linguaxe natural e obter respostas xeradas a partir de fontes científicas de calidade. Esta ferramenta pode convertirse nun  recurso rápido e eficiente, sobre todo para o estudantado dos primeiros cursos no momento de iniciar unha procura académica.

A IA utiliza o Índice Central de Descubrimento de Clarivate, unha ampla base de datos de contido académico e de investigación, para identificar cinco documentos que poidan axudar a responder as preguntas dos usuarios. Deste xeito, a ferramenta interpreta preguntas académicas ou científicas usando a tecnoloxía do ChatGPT para identificar os recursos máis relevantes e mostra as referencias bibliográficas. Tamén inclúe ligazóns directas das referencias ao catálogo Iacobus, para facilitar o acceso ao documento completo (se está dispoñible) e permite relanzar a busca directamente no catálogo para obter máis resultados.

Como ocorre con toda intelixencia artificial xerativa, poden existir limitacións ou erros nos resultados. Por iso, as respostas deben contrastarse sempre coas fontes orixinais e en ningún caso substitúen o asesoramento profesional nin a investigación independente.

O acceso ao Asistente de Investigación require identificación. Utiliza as túas credenciais institucionais se es membro da comunidade universitaria. No caso de persoas usuarias non pertencentes á USC, o identificador (código de barras do documento que te identifica como persoa usuaria) e contrasinal.

Podes obter máis información sobre o funcionamento desta ferramenta na guía da BUSC sobre o Asistente de Investigación.

Podes atopar o Asistente de Investigación na parte superior esquerda da barra de navegación de Iacobus
Podes atopar o Asistente de Investigación na parte superior esquerda da barra de navegación de Iacobus
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.09.2025.