Diego Peña Gil asume la dirección científica del CiQUS.
O Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) está de estrea. O pasado xoves 13 de marzo, Diego Peña asumiu a dirección científica do centro relevando a José Luis Mascareñas, quien ostentaba el cargo desde 2014. Este novo nomeamento, que se estende por un período de catro anos prorrogables, chega a proposta da Comisión Rectora do CiQUS tras o informe favorable da Comisión Científica Externa.
O Director Científico é a figura fundamental sobre a que se sustenta o proxecto do centro: é responsable de establecer as prioridades estratéxicas e científicas, da relación institucional con outras entidades e, asistido pola Dirección Adxunta, de funcións executivas que afectan ao conxunto da actividade desenvolvida no centro.
"Afronto o reto cunha mestura de responsabilidade e ilusión" sinala Peña. "O obxectivo non é só consolidar o nivel de excelencia conseguido ata agora; tamén contribuír a proporcionar as condicións necesarias para que todos os membros do CiQUS poidan colaborar no cumprimento da misión do centro e avanzar nas súas respectivas carreiras profesionais."
A finais do ano pasado, o CiQUS abriu unha convocatoria para identificar candidatos a ocupar o cargo de director científico entre os Investigadores Principais do centro. Tras esta primeira fase, a Comisión Científica Externa encargouse de avaliar as solicitudes ao longo dun proceso selectivo que concluíu coa aprobación, por parte da Comisión Rectora, dunha proposta para a nova dirección científica, que finalmente foi elevada ao Reitor da Universidade de Santiago de Compostela para o seu nomeamento.
Deste xeito, culmina unha etapa na que o equipo directivo conformado por José Luis Mascareñas e Dolores Pérez oubo obrar para converter o CiQUS nun centro de referencia en Química e situalo ao nivel dos mellores centros de investigación internacionais. Ao longo de máis dunha década, Mascareñas e Pérez lideraron a creación dun novo modelo de centro de investigación e, fruto deste traballo, o CiQUS é hoxe en día un referente na rede de Centros de Investigación do Sistema Universitario de Galicia (Rede CIGUS). A nova dirección recollerá o seu legado co reto de continuar pola senda da excelencia para cumprir coa misión principal do CiQUS: contribuír ao avance da ciencia na fronteira do coñecemento.
Diego Peña Gil licenciouse en Química en 1998 na USC, onde tamén realizou a súa tese doutoral baixo a dirección dos Profs. Enrique Guitián e Dolores Pérez. Realizou estancias predoutorais nos grupos dos profesores Eric N Jacobsen (1999, Harvard University), Paul Knochel (2000, LMU, Múnic) e Antonio M. Echavarren (2001, UAM, Madrid). Posteriormente disfrutou dunha estancia postdoutoral como investigador Marie Curie no grupo do profesor Ben L. Feringa (Premio Nobel de Química 2016) na Universidade de Groningen (Holanda) traballando en catálise asimétrica, realizando estancias breves no grupo de Hans de Vries da empresa DSM (Geleen, Holanda).
No ano 2004 reincorporouse á USC como investigador Ramón y Cajal, e é Investigador Principal do CiQUS desde a súa fundación. En 2008 foi nomeado Profesor Titular, promocionando a Catedrático de Química Orgánica en 2020 (actualmente en período de excedencia). En 2024 obtivo unha praza de Profesor de Investigación Oportunius (GAIN) adscrita á USC.
Peña recibiu en 2018 a Medalla Ignacio Ribas do grupo especializado de Química Orgánica da Real Sociedade Española de Química (RSEQ). En 2020 recibiu unha axuda ERC Synergy Grant (MolDAM) xunto a Leo Gross (IBM Research Zurich) e a Jascha Repp (Universität Regensburg). Posteriormente foi galardoado co Premio de Investigación Ernesto Viéitez Cortizo (2022) da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), e en 2023 recibiu o Premio á Excelencia Investigadora da RSEQ. O ano pasado obtivo a Medalla Antonio Casares Rodríguez, outorgada pola RAGC.
Peña publicou máis de 150 artigos científicos (>8,500 citas, índice h 49), incluíndo catro publicacións na revista Science e 10 publicacións en revistas da familia Nature. As súas principais liñas de investigación trata o desenvolvemento de novas metodoloxías sintéticas, a preparación e o estudo de nanografenos e outros materiais de carbono, o desenvolvemento da química sobre superficie e a manipulación de moléculas individuais.