A Agrupación Estratéxica de Investigación 'Xestión e Produción Sustentable de Biorecursos: BioReDes' nace en 2018, ao abeiro das axudas para a creación de agrupacións estratéxicas convocadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, para transformar e revolucionar o sector primario galego.
