Skip to main content

Acto da entrega dos premios

VII Concurso literario Mazarelos

12.14.2021 | 19.00h-20.30h

Facultade de Filoloxía
Salón de graos

Acto do Mazarelos 2021
Acto do Mazarelos 2021

Na terza feira, 14 de decembro, teremos no salón de graos de Filoloxía o acto da entrega dos premios do Concurso literario Mazarelos.

Nesta VII edición resultou gañadora a obra O livro de Liu Changqing, de Daniel Barral Calvo, estudante do mestrado en Profesorado. O xurado destacou nesta obra a particular cohesión dun universo propio a través da poesía.

O segundo premio foi para a obra Tarde, da estudante de Filoloxía Clásica Sara Porto Puente. Saliéntase sobre todo a madurez do estilo.

Pola primeira vez hai un premio na modalidade científica, gañado por Miguel Baena Laseca, estudante de Veterinaria, coa obra Gustarálle-lo jazz ás moscas?, na cal se aprecia en particular o seu valor de divulgación científica.

Témo-las obras ó noso dispor na páxina do Mazarelos.

O acto da entrega dos premios contará coa presenza do decano de Filoloxía e de representantes da Universidade, do seu Servizo de Normalización Lingüística e da Xunta da Galiza, así como coa actuación de Quico Cadaval.