
Na terza feira, 14 de decembro, teremos no salón de graos de Filoloxía o acto da entrega dos premios do Concurso literario Mazarelos.
Nesta VII edición resultou gañadora a obra O livro de Liu Changqing, de Daniel Barral Calvo, estudante do mestrado en Profesorado. O xurado destacou nesta obra a particular cohesión dun universo propio a través da poesía.
O segundo premio foi para a obra Tarde, da estudante de Filoloxía Clásica Sara Porto Puente. Saliéntase sobre todo a madurez do estilo.
Pola primeira vez hai un premio na modalidade científica, gañado por Miguel Baena Laseca, estudante de Veterinaria, coa obra Gustarálle-lo jazz ás moscas?, na cal se aprecia en particular o seu valor de divulgación científica.
Témo-las obras ó noso dispor na páxina do Mazarelos.
O acto da entrega dos premios contará coa presenza do decano de Filoloxía e de representantes da Universidade, do seu Servizo de Normalización Lingüística e da Xunta da Galiza, así como coa actuación de Quico Cadaval.