Ir o contido principal

Máster Universitario en Ensino do Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua

  • En tramitación
  • Nova oferta
Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Artes e Humanidades
Ámbito de coñecemento
Filología, estudios clásicos, traducción y lingüística.
Centro(s)
Facultade de Filoloxía
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881811750 (Conserxaría)
881811762 (Decanato)
filoloxia.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Marta Blanco Dominguez
Contacto
marta.blanco [at] usc.es

O Máster Universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua é unha proposta interdepartamental das Universidades de Santiago de Compostela, de Vigo e da Coruña que pretende dar resposta ás crecentes necesidades académicas, científicas e profesionais do profesorado de español como lingua estranxeira ou segunda lingua (LE/L2), así como atender a alta demanda detectada entre o alumnado nativo e non nativo que desexa abrir as súas perspectivas académicas, científicas e laborais cara ao ámbito do ensino do español LE/L2, demanda claramente vinculada coa situación internacional da nosa lingua, como puxeron de manifesto distintos estudos socioeconómicos, nos que se fai patente unha vitalidade extraordinaria, relacionada, sen dúbida, coa súa cada vez maior peso demográfico e económico nun mundo globalizado.

Duración: 1 ano académico
Número de ECTS: 60
Número prazas: 8

Decano/a ou director/a do centro:
ELIAS JOSE FEIJO TORRES
eliasjose.torres [at] usc.gal

Coordinador-a do título:
Marta Blanco Dominguez
marta.blanco [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
15/07/2024

Data de publicación no BOE:
27/12/2024

Data da última acreditación:
09/07/2024

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 36
Optativas: 9
Prácticas externas 6
Traballo fin de máster: 9
Total: 60

Estes 60 créditos cúrsanse nun ano académico, no primeiro semestre 30 créditos obrigatorios e no segundo semestre, os restantes, isto é, 6 créditos obrigatorios, 9 optativos, as prácticas externas e o traballo fin de máster.

Non hai datos dispoñibles para o curso académico seleccionado.

Capacidades e habilidades recomendadas:
· Capacidades básicas no manexo das novas tecnoloxías.
· Capacidade de abstracción, análise, síntese e razoamento lóxico.
· Capacidade de traballo en equipo.
· Habilidades para a organización, innovación e emprendemento.
Coñecementos recomendados:
· Coñecemento avanzado en lingua española (fonética, fonoloxía, morfoloxía, sintaxe, léxico, análise do discurso).
· Coñecemento xeral en literatura e cultura hispánicas.
· Coñecemento xeral en lingüística.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 36
Optativas: 9
Prácticas externas 6
Traballo fin de máster: 9
Total: 60

A Comisión académica do máster será a encargada de coordinar as actividades de apoio e orientación aos estudantes.
As tres universidades contan con diferentes servizos de apoio ao estudantado. Os máis importantes recóllense nos PAT (Plan de acción titorial), que contemplan titorización académica individualizada para os estudantes de máster, promoven a organización de sesións informativas sobre oferta académica e sobre TFM, entre outros aspectos. A implantación deste máster requirirá a adopción de medidas adicionais para proporcionar información en liña ao estudantado. Poden consultarse estes servizos nas seguintes ligazóns:
USC, Facultade de Filoloxía:
https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-filoloxia/plan-accion-titorial
UDC:
https://www.udc.es/es/cufie/pat/udc/
UVIGO:
https://www.uvigo.gal/es/estudiar/organizacion-academica/plans-accion-t…

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de Master:
1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institución de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de mestrado.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.
REQUISITOS ESPECÍFICOS
Ao estudantado estranxeiro que non teña o español como lingua materna esixiráselle que acredite mediante certificado oficial (DELE ou SIELE Global) un nivel C1 de dominio lingüístico da lingua española.

Admisión

Titulacións de acceso:

- Grao (ou Licenciatura) en Lingua e Literatura Españolas.
- Grao (ou Licenciatura) en Inglés / Francés / Alemán / Italiano / Lingua e Literatura Portuguesas / Linguas e Literaturas Modernas / Lingua e Literatura Galegas / en Filoloxía Clásica.
- Grao (ou Licenciatura) en Lingüística Aplicada / en Lingüística / en Lingüística e Ciencias da Linguaxe.
- Grao (ou Diplomatura) en Mestre de Educación Infantil / Mestre de Educación Primaria / Grao (ou Licenciatura) en Pedagoxía.
- Grao (ou Licenciatura) en Tradución e Interpretación.
- Grao (ou Licenciatura) en Humanidades.
- MU en Lingua e Literatura Españolas.
- MU en Lingüística Aplicada.
- MU en Ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade de Idiomas e Literaturas.
- MU en Ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas. Especialidade de Idiomas e Literaturas Estranxeiras.
- MU en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria / MU en Pedagoxía.
- Outros títulos de grao (ou licenciatura) das ramas de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas.
- Outras titulacións segundo criterios da Comisión do Título.

CRITERIOS DE ADMISIÓN

1. Expediente académico (ata un 60%)
2. Currículum vitae (ata un 25%)
3. Estar en posesión das titulacións das ramas de Artes e Humanidades ou Ciencias Sociais e Xurídicas que se relacionan por orde de prioridade (ata 15%)

Os alumnos que non teñan o español como lingua materna deberán acreditar o nivel C1, segundo o Marco Común Europeu de Referencia para as Linguas, MCER.

Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Este máster ten como obxectivo fundamental formar profesionais no ensino do español como lingua estranxeira ou segunda lingua, capacitados tanto para a docencia como para a investigación.
A partir deste obxectivo xeral, articúlanse os seguintes obxectivos específicos, que son os que determinan, en liñas xerais, os resultados de aprendizaxe e de formación.
· Proporcionar os coñecementos e as habilidades necesarias para o desempeño profesional eficiente, adaptable e de calidade no ámbito do ensino de español LE/L2.
· Fomentar a investigación no campo do ensino de español LE/L2.
· Proporcionar as ferramentas necesarias para organizar e xestionar os procesos de ensino e aprendizaxe do español LE/L2.
· Proporcionar recursos para responder as perspectivas da industria do español como lingua estranxeira nas súas diferentes dimensións.
· Fomentar actitudes positivas cara á diversidade lingüística e cultural.

Comp01 - Saber utilizar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos sobre ensino-aprendizaxe de segundas linguas no ámbito docente ou noutras contornas profesionais.
Comp02 - Resolver problemas ligados á ensino-aprendizaxe de segundas linguas en contextos máis amplos e multidisciplinares.
Comp04 - Saber transmitir a un público especializado e non especializado os resultados da investigación no ámbito do ensino-aprendizaxe de linguas.
Comp03 - Formular xuízos e propoñer solucións a problemas do ensino de segundas linguas baseándose en teorías e métodos que sexan respectuosos coa diversidade lingüística e sociocultural dos aprendentes.
Comp05 - Desenvolver novos métodos de traballo adaptados ao ámbito do ensino de español LE/L2.
Comp06 - Posuír autonomía para traballar en equipo e participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas no ámbito do español LE/L2.

H/D01 - Comparar e valorar diferentes orientacións metodolóxicas aplicadas ao ensino-aprendizaxe de segundas linguas.
H/D03 - Relacionar os procesos de ensino-aprendizaxe coa dimensión social das linguas.
H/D06 - Describir de forma clara e pedagóxica problemas léxicos do español asociados á súa aprendizaxe como LE/L2.
H/D13 - Analizar, adaptar e elaborar materiais para o ensino de español LE/L2.
H/D02 - Integrar fenómenos pragmáticos nas propostas didácticas de ensino de español LE/L2.
H/D04 - Utilizar distintas técnicas, recursos e criterios didácticos para organizar e xestionar os procesos de ensino-aprendizaxe de segundas linguas.
H/D05 - Describir de forma clara e pedagóxica cuestións gramaticais relevantes para a aprendizaxe do español LE/L2.
H/D07 - Elaborar propostas didácticas adaptadas a distintos contextos de ensino-aprendizaxe de español LE/L2.
H/D08 - Desenvolver actitudes respectuosas cara ás variedades do español como manifestación da súa diversidade lingüística e cultural.
H/D09 - Deseñar e utilizar propostas didácticas axeitadas para a ensino-aprendizaxe do español con fins específicos.
H/D10 - Adaptar para falantes de linguas signadas as actividades e os materiais para a ensino-aprendizaxe de español LE/ L2.
H/D11 - Realizar propostas didácticas baseadas no emprego de datos de corpus.
H/D12 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica ou dixital no ámbito do ensino de español LE/L2.
H/D14 - Deseñar actividades, tarefas e unidades didácticas que desenvolvan as diferentes actividades comunicativas da lingua.
H/D16 - Deseñar e desenvolver proxectos docentes innovadores ou proxectos de investigación nalgunha das áreas do ensino de español LE/L2.
H/D17 - Identificar e avaliar criticamente, mediante observación participante, a planificación, estrutura e execución dunha clase de español LE/L2.
H/D15 - Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita.

Con01 - Identificar e diferenciar as orientacións metodolóxicas empregadas na ensino-aprendizaxe de segundas linguas e os factores que interveñen nestes procesos.
Con02 - Coñecer e comprender os conceptos fundamentais das teorías pragmáticas e adaptalos á docencia en segundas linguas.
Con03 - Identificar e distinguir os modelos sociolingüísticos e aplicalos ao ensino de segundas linguas.
Con04 - Analizar e seleccionar procedementos de planificación, xestión e avaliación adecuados a cada proceso de ensino-aprendizaxe de español LE/L2.
Con05 - Identificar e describir os principais problemas que presenta a gramática no ensino-aprendizaxe de español LE/L2.
Con06 - Identificar e describir os principais problemas que presenta o léxico no ensino-aprendizaxe de español LE/L2.
Con07 - Distinguir os diferentes métodos manexados nos procesos de creación de materiais para o ensino de español LE/ L2: análise, selección, avaliación e adaptación.
Con08 - Identificar os principais fenómenos de variación do español e examinar o seu tratamento no ensino de español LE/ L2.
Con09 - Coñecer e comprender as metodoloxías e recursos para desenvolver a competencia dos aprendentes nas catro actividades comunicativas da lingua: comprensión, expresión, interacción e mediación.
Con10 - Aplicar a metodoloxía de traballo baseada en datos de corpus e operar con distintos tipos de corpus empregados na ensino-aprendizaxe de segundas linguas.
Con11 - Coñecer os fundamentos teórico-prácticos do ensino do español con fins específicos.
Con12 - Distinguir os enfoques lingüísticos e os modelos pedagóxicos no ensino do español en función de diferentes contextos determinados por factores socioculturais dos aprendentes.
Con13 - Seleccionar e utilizar materiais e recursos relacionados co ensino de español LE/L2.
Con14 - Seleccionar os procedementos axeitados para adaptar a docencia de español LE/L2 a falantes de linguas signadas.

Mobilidade

A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/internacional

Prácticas

As prácticas académicas externas constitúen unha actividade de natureza formativa, cuxo obxectivo reside en que o alumnado poida aplicar e complementar os coñecementos adquiridos na súa formación académica, favorecendo a adquisición de competencias que o prepare para o exercicio de actividades profesionais.
As prácticas académicas externas son obrigatorias, a súa carga lectiva é de 6 ECTS e, atendendo aos obxectivos formativos do título, sitúanse temporalmente no segundo semestre.
A experiencia laboral e profesional acreditada no ámbito da titulación poderá ser recoñecida en forma de créditos correspondentes ás prácticas externas. O recoñecemento realizarase en función dos resultados do proceso de formación e aprendizaxe do título e non poderá ser superior, no seu conxunto, ao 15 por cento do total de créditos que constitúen o plan de estudos.

O Traballo Fin de Máster ten carácter obrigatorio, a súa carga lectiva é de 9 ECTS e, atendendo aos obxectivos formativos do título, sitúase temporalmente no segundo semestre. A súa superación será imprescindible para a obtención do título oficial.

Non hai información dispoñible neste momento.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 24.04.2025.