Skip to main content

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC celebra este xoves un acto polo vixésimo aniversario

La Biblioteca Intercentros del Campus Terra de la USC celebra este jueves un acto por su vigésimo aniversario
La Biblioteca Intercentros del Campus Terra de la USC celebra este jueves un acto por su vigésimo aniversario
A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC organiza este xoves 14 de decembro, a partir das 18.30 horas, un acto conmemorativo do vixésimo aniversario da apertura deste centro universitario,...
Lugo

A Biblioteca Intercentros do Campus Terra da USC organiza este xoves 14 de decembro, a partir das 18.30 horas, un acto conmemorativo do vixésimo aniversario da apertura deste centro universitario, que botou a andar no mes de decembro de 1997.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e a directora da Biblioteca Intercentros, Julia Cantalapiedra, serán os encargados de abrir este acto, aberto á participación de todo o público interesado e no marco do que a compañía de Danza USC-Lugo porá en escena a peza ‘Que 20 anos non son nada’, unha obra dirixida por Juan Carlos Zahera e con coreografía de Rosa Acuña.

 

Os artistas do Espazo de Danza da USC integrados na compañía  luguesa Sonia L. Pumarega, Beatriz Morais, Adrea Naveira e Álvaro Rodríguez serán os encargados de interpretar esta coreografía, que estará precedida dunha intervención musical a cargo de Eva de la Torre.

 

Esta sesión conmemorativa será asemade o marco escollido polo Espazo de Danza da USC para render unha homenaxe póstuma á compañeira finada Elisa de Tomé coa lectura dun poema na súa lembranza.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.