Últimas horas para formalizar a inscrición no ‘Talent´s Loop: potencia o teu Talento’

O circuíto ‘Talent´s Loop: potencia o teu Talento’ do programa "Empréga-T" da Universidade de Santiago de Compostela, o cal forma ao alumnado nas habilidades precisas á hora de atopar emprego na actual situación do mercado laboral, chega este martes á Facultade de Administración e Dirección de Empresas do Campus Terra.
Este circuito celebrarse os días 28 e 29 de novembro a partir das 10.00 horas e ata o seu inicio será posible formalizar a inscrición premendo neste enlace. Este adestramento ten unha duración de 2 horas para cada participante. O circuíto ‘Talent´s Loop: potencia o teu Talento’ proporciona ao alumnado un laboratorio de emprego, un adestramento persoal e individualizado no que se simulará un proceso de selección real durante dous días en Lugo. Deste xeito, as persoas participantes poderán pór en práctica os coñecementos adquiridos e solucionar as dúbidas que poidan xurdir na vida real. Este simulador estrutúrase en cinco pasos que cada participante realizará, recibindo feedback personalizado por expertas e expertos para mellorar as súas posibilidades de pasar con éxito un proceso selectivo.