Skip to main content

O programa de competencias profesionais EMPRÉGA-T amplíase ao Campus Terra

 El programa de competencias profesionales EMPRÉGA-T se amplía al Campus Terra
El programa de competencias profesionales EMPRÉGA-T se amplía al Campus Terra
Durante os meses de outubro e novembro a Universidade de Santiago converterase nun espazo de aprendizaxe para a mellora da empregabilidade e o desenvolvemento do potencial emprendedor. Á xa...
Lugo

Durante os meses de outubro e novembro a Universidade de Santiago converterase nun espazo de aprendizaxe para a mellora da empregabilidade e o desenvolvemento do potencial emprendedor. Á xa tradicional edición en Santiago, este ano o Emprega-T desenvólvese tamén no Campus Terra. O programa ten recoñecemento académico de 1 crédito ECTS optativo.

 

As actividades de Emprega-T pretenden ofrecer unha formación complementaria aos estudantes nas denominadas competencias brandas, habilidades persoais, sociais e directivas, co fin último de mellorar as súas competencias profesionais de cara a afrontar o seu futuro laboral.

 

Ás acción dirixidas á formación a través de numerosos seminarios e obradoiros e ao adestramento co exitoso laboratorio de emprego Talent’s Loop súmase agora o novo bloque ‘Relacióna-T: Universidade na rúa’, con eventos fóra das aulas para seguir aprendendo nun ambiente máis relaxado e animado.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.