Skip to main content

O XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC reparte 600 euros en premios e exhibirá unha escolma das imaxes no Centrad

 El XXIII Maratón Fotográfico del Campus Terra de la USC reparte 600 euros en premios y exhibirá unha recopilación de las imágenes en el Centrad
El XXIII Maratón Fotográfico del Campus Terra de la USC reparte 600 euros en premios y exhibirá unha recopilación de las imágenes en el Centrad
O XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC repartirá 600 euros en metálico e trofeos para os autores das dúas fotografías que resulten premiadas polo xurado encargado de fallar a nova edición...
Lugo

O XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC repartirá 600 euros en metálico e trofeos para os autores das dúas fotografías que resulten premiadas polo xurado encargado de fallar a nova edición deste consolidado certame, organizado pola Área de Cultura da USC en colaboración co Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá ao abeiro do programa Lugo Cultural, un convenio no que actualmente están representados, ademais da institución académica compostelá, a Deputación e o Concello de Lugo.  A principal novidade desta edición vén dada polo feito de que as imaxes presentadas a concurso polos participantes conformarán unha exposición que poderá visitarse nas instalacións do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación Provincial de Lugo a partir do 8 de novembro, data na que está prevista a celebración da entrega de premios.

 

A vixésima terceira edición deste certame fotográfico, aberto á participación de todas as persoas interesadas maiores de idade, pertencentes ou non á comunidade universitaria, terá lugar o vindeiro 26 de setembro, a partir das 10.00 horas, segundo adiantou a vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carme Silva, na presentación deste certame. Neste acto tamén participaron a deputada provincial responsable da área de Promoción económica e social, emprego, benestar e igualdade, Sonsoles López Izquierdo, e Eduardo Ochoa, en representación do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá.

 

As persoas que desexen participar nesta convocatoria artística arredor da fotografía aberta a fotógrafos e afeccionados maiores de 18 anos, poderán apuntarse ata as 14.00 horas do día 25de setembro. A inscrición é de balde e pode realizarse nas dependencias da Área de Cultura da Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, a través do número de teléfono 982.82.15.13, en horario de 9.00 a 14.00 horas, ou no enderezo de correo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). As bases da convocatoria desta edición do Maratón Fotográfico do Campus están accesibles na web www.lugocultural.es, onde tamén é posible formalizar a matrícula.

 

A actividade fotográfica propiamente dita desenvolverase o 26 de setembro. Os participantes coñecerán ás 10.00 horas os dous temas, un libre e outro proposto pola organización, sobre os que deben versar as fotografías presentadas a concurso. Os participantes neste certame deberán entregar aos organizadores o material co que desexen participar antes das 14.00 horas do día seguinte.

 

O XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra da USC mantén tamén nesta convocatoria dúas modalidades de participación: fotografía dixital e analóxica. Os participantes, que deben elixir unha modalidade no momento da súa inscrición, teñen que presentar unha fotografía por cada un dos dous temas propostos para o concurso.

 

Premios e diplomas

Os organizadores do XXIII Maratón Fotográfico do Campus Terra contemplan a entrega de dous premios, que contan cunha dotación económica conxunta de 600 euros. Así, o autor/a da mellor fotografía do tema proposto pola organización recibirá o Premio Carlos Valcárcel, o fotógrafo galego máis veces galardoado, segundo subliñou Eduardo Ochoa, un galardón dotado con 350 euros en metálico, ademais de diploma e trofeo. O premio á mellor fotografía do tema libre inclúe unha gratificación en metálico de 250 euros, diploma e trofeo. Todas as persoas participantes recibirán diploma acreditativo e as súas fotografías formarán parte da mostra colectiva.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.