Skip to main content

Unha tese do Campus Terra estuda acuñacións monetarias feitas en Galicia dende a 'caetra' romana ata as moedas de Henrique IV

 Una tesis del Campus Terra estudia acuñaciones monetarias hechas en Galicia desde la 'caetra' romana hasta las monedas de Henrique IV
Una tesis del Campus Terra estudia acuñaciones monetarias hechas en Galicia desde la 'caetra' romana hasta las monedas de Henrique IV
O numismático e licenciado en Humanidades no Campus Terra da USC Pablo Núñez Nemeses aborda na tese de doutoramento ‘Historia monetaria da Galicia medieval’, unha investigación dirixida polo profesor...
Lugo

O numismático e licenciado en Humanidades no Campus Terra da USC Pablo Núñez Nemeses aborda na tese de doutoramento ‘Historia monetaria da Galicia medieval’, unha investigación dirixida polo profesor Carlos Baliñas Pérez que vén de presentar no centro universitario lugués, unha catalogación e estudo exhaustivo das acuñacións monetarias realizadas en Galicia, dende a caetra romana ata as moedas de Henrique IV, o derradeiro rei medieval.

 

A investigación de doutoramento realizada polo lancarés Núñez Nemeses, un reputado numismático, coñecido tanto polos seus estudos sobre a materia como por presidir a Asociación Numismática Val de Ariz (Anvar) e dedicarse profesionalmente á peritaxe, exposición e venda de moedas históricas, está enmarcada no programa de doutoramento da USC ‘Estudos culturais: Memoria, identidade, territorio e linguaxe’. Daquela, segundo sinala o profesor Baliñas Pérez, unha das premisas desta investigación atinxe á intención do seu autor de revitalizar a numismática, unha ciencia auxiliar da Historia en boa medida caída no esquecemento e relegada ao mero coleccionismo.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.