
Datos xerais do título | |
---|---|
Denominación | Mestrado en Acuicultura [do Sistema Interuniversitario Galego (SUG)] |
Rama de coñecemento | Ciencias |
Tipo de ensino | Oficial (adaptado ao EEES) |
Modalidade de ensino | Presencial |
Número de prazas ofertadas | Tempo completo: 30 prazas (10 por cada universidade participante) Tempo parcial: 9 das 30 anuais (3 por cada universidade participante) |
Lingua de impartición | Castelán, Galego |
Curso académico de implantación | 2008-2009 |
Número de créditos ECTS | 90 ECTS (30 Obr. / 54 Opt. (24 de Práct. Empresa, Inic. Invest. ou Proxecto / 6 Obr.: TFM) |
Nº de créditos ECTS de matrícula | Tempo completo: 60 1º e 3-75 seg en USC / 60 1º e 48-78 seg en UDC / 48-78 1º e 0-78 seg en Uvigo Tempo parcial: 30-30 1º e 3-30 seg en USC / 24-48 1º e seg en UDC / 18-48 1º e 18-78 seg en Uvigo |
Mencións ofertadas | Produción Acuícola Biotecnoloxía en Acuicultura |
Normas de permanencia | Norma na USC | Norma na UDC | Norma na UVIGO |
Suplemento Europeo ao Título | Requisitos: RD 22/2015 (BOE 07/02/2015) |
Data de verificación, publicación, etc | 21/01/2008 - 1ª Acreditación do título |
13/03/2008 - 1ª Implantación (Autorización Xunta) (DOG 28/03/2008) | |
03/03/2009 - 1ª Verificación (Autorización Xunta) | |
08/08/2011 - 1ª Modificación / 2ª Verificación | |
09/11/2012 - Aprobación polo Consello de Ministros (BOE 29/11/2012) | |
03/12/2012 - Publicación do Plan de Estudos (BOE 25/12/2012) | |
17/03/2015 - Renovación da acreditación (Consello de universidades) | |
27/03/2018 - 2ª Modificación / 3ª Verificación | |
Centros nos que se imparte | Universidade de Santiago de Compostela: Facultade de Bioloxía |
Universidade da Coruña: Facultade de Ciencias | |
Universidade de Vigo: Facultade de Bioloxía |
A acuicultura é un dos sectores produtores de alimento con maior potencial de crecemento. Segundo a FAO (FAO, State of World Fisheries and Aquaculture. 2016), a acuicultura supón a única posibilidade de manter na dieta a proporción adecuada de peixe (xa que a pesca extrativa está chegando ó teito da súa capacidade produtiva), aportando na actualidade máis da metade do alimento de orixe acuático consumido en todo o mundo. A produción de peixe en Europa representa o 72% do volume total da acuicultura (82% do seu valor económico) e os moluscos representan o 28% restante (18% do seu valor). Os principais produtos da acuicultura europea son peixes de alto valor comercial (salmón, troita, robaliza, dourada, rodaballo e linguado) e moluscos (mexillón, ameixa e ostra, fundamentalmente).
España é un dos principais países consumidores de peixe, cunha das taxas de consumo máis altas do mundo (30 kg por habitante e ano) que a industria extrativa non consigue abastecer, polo que se recorre á importación de produtos da pesca. Ademais, o territorio español posúe numerosos cursos de auga, lagos i encoros, así como unha gran extensión litoral con costas bañadas por augas de moi diferentes características, que lle confiren enormes posibilidades de aplicación de diferentes técnicas de cultivo, tanto mariño como de auga doce (Informe APROMAR, 2016).
Gracias ó impulso que se aplicou á acuicultura nos anos 60, tanto dende o sector público como no privado, España é na actualidade un dos principais produtores de Europa, alcanzando unha produción, no ano 2015, de arredor de 250 mil toneladas (das que a maioría, arredor do 95%, corresponden a especies mariñas, incluíndo as 220 mil toneladas de mexilón) e un valor de produción de arredor de 400 millóns de euros. Nos últimos anos tense producido unha desaceleración importante. O 74% do total desta produción de engorde correspóndese co cultivo de moluscos (mexilón principalmente) e o 26% a peixes (especialmente dourada: 23.690 Tm, robaliza: 13.840 Tm e rodaballo: 8.320 Tm). Só en Galicia existen rexistradas arredor de 50 explotacións piscícolas e moitas máis de moluscos, cun número de postos de traballo directos, só no ámbito piscícola de máis de 500, e arredor de 3000 postos indirectos, incrementándose a cifra no caso do cultivo de moluscos. Si consideramos que en toda España hai máis de 200 explotacións piscícolas (Informe APROMAR, 2016), se pode ter unha idea da implicación en número de postos de traballo directos e indirectos, só no noso territorio. Actualmente, España conta cunha industria acuícola saneada e en claro auxe, que necesita non só técnicos de base, senón tamén, e máis acuciantemente, profesionais altamente cualificados. Si, ademais, consideramos que este auxe da acuicultura exténdese a todo o ámbito europeo e mundial, é fácil comprender a necesidade de formación de persoal que sexa competitivo a nivel nacional e internacional.
A actividade formativa en materia de acuicultura en España ten sufrido, ó longo dos últimos 25 anos, un profundo cambio relacionado coa innovación tecnolóxica na cría i engorde, e coa incorporación de novas especies. Ata a década dos 80, a formación en acuicultura era empírica, con unha importante implicación da transmisión popular de coñecementos, conceptos e técnicas básicas. A partires de entonces, a través de cursos de acuicultura de diversa índole, impartidos por sindicatos, confrarías, organizacións de produtores, INEM…, tíñase organizado a formación dos acuicultores a nivel básico. A partires de 1992, os cultivos mariños entran a formar parte da oferta educativa da Formación Profesional en Andalucía, Murcia e Galicia, onde se inaugura o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGaFA) dependente da Consellería de Pesca de la Xunta de Galicia para respostar á demanda do sector de persoal formado.
Entre os anos 2001 e 2003, a Xunta de Galicia, a través do seu Instituto das Cualificacións, organizou unha Comisión Interdisciciplinar con expertos de todo o sector da acuicultura, incluindo piscicultura, moluscos e crustáceos, en ámbitos de produción, instalacións, medioambente, calidade, prevención e control, e tanto profesionais como persoal de investigación. É dicir, unha nutrida comisión que cubríu todolos aspectos relacionados co sector, e que, durante máis de 2 anos levou a cabo unha análise das necesidades do sector para a cualificación do persoal. Elo levou á elaboración dun extenso informe (Varios. 2004. Cualificación profesional-Acuicultura. Ed. Xunta de Galicia), e unha das súas conclusións incidía sobre a necesidade de potenciar a formación de alto nivel (máster), para complementar a xa existente de formación profesional (IGaFA).
Nembergantes, tanto ese informe como o Libro Blanco da Acultura (Varios. 2001. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación) incidían, xa no momento da súa publicación, na importancia de fomentar a formación superior do persoal adicado á acuicultura. A mediados da pasada década, existían no noso territorio másteres en acuicultura nas Universidades de Barcelona (Máster Oficial en Acuicultura, 60 créditos), Valencia (Máster Oficial en Acuicultura, 60 créditos), do País Vasco (Máster en Acuicultura, 60 créditos), Las Palmas de Gran Canaria (Máster Universitario Internacional de Acuicultura), e de Cádiz (Máster en Acuicultura y Pesca: Recursos marinos y sostenibilidad, 60 créditos), pero non, paradóxicamente, na nosa Comunidade Autónoma, a pesares de ser a primeira en produción acuícola.
Por elo, se creou o Máster Oficial Interuniversitario en Acuicultura de Galicia, que comezou a impartirse no curso 2008-2009. Para elo, o Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela, có obxecto de seguir unha das recomendacións do estudo da Comisión das Cualificacións da que tiña formado parte, mantivo numerosas reunións, entre os anos 2003 e 2005 co Clúster de Acuicultura de Galicia e con responsables das empresas máis representativas da acuicultura, así como de centros relacionados (Instituto español de Oceanografía [IEO], Centro de Investigacións Mariñas [CIMA-Xunta] e Instituto de Investigacións Mariñas [IIM-CSIC]), coa fin de analizar as necesidades formativas do sector. De todo este esforzo, xurdiu un máster en acuicultura cun enfoque tanto profesionalizante como investigador, sen esquecer o ámbito académico. Este máster, que leva impartíndose unha década, está organizado polas tres universidades galegas, aproveitando as súas complementariedades, coa participación tanto de organismos públicos de investigación e formación, como das empresas privadas. Ten aportado investigadores e profesionais cun alto nivel formativo e científico, tan necesarios para o sector, cun dominio de técnicas multidisciplinares, que podan asumir responsabilidades de investigación, desenvolvemento e innovación, dirección e xestión, tanto no ámbito empresarial como no sector público. De feito, dos máis de 230 alumnos que nesta década teñen pasado por este máster, máis dun 40% está traballando en ámbitos relacionados co Máster (dun total de enquisas que corresponde ó 30% do total de alumnos egresados).
Este dato, xunto cos de demanda do máster que se amosan na figura 1, son claramente xustificativos da continuidade deste máster, que cada ano atrae a alumnos, no só de Galicia, senón tamén de toda España, así como de alumnos internacionais, como se amosa na figura 2. Ademáis, a formación superior en Acuicultura ofrecida por este máster está claramente entroncada coa Estratexia Galega da Acuicultura (ESGA), así como coa Estratexia RIS3 de desenvolvemento intelixente de Galicia, ó formar persoal capacitado para o desenvolvemento de novas estratexias de I+D+i no sector acuícola. A Acuicultura, ademáis, é un dos obxectivos prioritarios de I+D+i a nivel nacional i europeo, como se destaca en:
- No Plan Estatal de Investigación Científica e Técnica e de Innovación 2013-2016 da Axencia Estatal de Investigación (Ministerio de Economía e Competitividade), concretamente no Programa Estatal de I+D+i Orientada os Retos da Sociedade.
- No
Plan Estratéxico Plurianual da Acuicultura Española 2015-2020 do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.
- No Programa Horizonte 2020 da Unión Europea, concretamente no Reto 2 (Seguridade alimentaria, agricultura e silvicultura sostibles, investigación mariña, marítima e de augas interiores e bioeconomía).
O afán de mellorar o máster existente, para adecualo mellor ás necesidades formativas das empresas e da investigación nos tempos actuais, fixéronos levar a cabo, nos últimos meses, un proceso de análise, coas empresas do Sector e os Centros participantes no Máster, para a súa mellora no ámbito formativo, motivo polo que presentamos a presente proposta de modificación do Máster de Acuicultura, que afecta a unha pequena parte das materias que se impartían con anterioridade, pero non á estrutura e modo de funcionamento xeral da titulación, que permanecen básicamente sen cambios.
Referentes externos para o deseño do título
No deseño orixinal deste Máster tívose en conta unha serie de Libros Brancos e Unidades Didáticas que se citan a continuación. Ademáis, tanto para o deseño inicial como para ó presente programa, tivemos en conta a duración e estrutura de programas nacionais e internacionais que a continuación se citan:
Este mestrado foi deseñado para proporcionar ao estudantado unha formación avanzada, específica e multidisciplinar orientada á formación académica, investigadora e profesionalizante en Acuicultura. Proporcionará os coñecementos, destrezas e aptitudes básicos que lle permitirán deseñar e levar a cabo investigación no campo da acuicultura, deseñar, xestionar e controlar instalacións continentais e mariñas, avaliar o seu impacto ambiental e respostar ás necesidades de I+D+i do sector, implementando estratexias que permitan o futuro desenvolvemento da industria acuícola.
Por outra banda, forma parte do ánimo deste mestrado, o respectar e facer respectar os principios recollidos no RD 1393/2007 respecto a:
- Os dereitos fundamentais e de igualdade entre homes e mulleres.
- Os dereitos humanos e os principios da accesibilidade universal.
- Os valores propios dunha cultura de paz e de valores democráticos.
Ademais, o estudantado egresado coñecerá:
- Obx01 - A bioloxía e ecoloxía dos organismos acuáticos de interese para a acuicultura, e cómo aplicar estes coñecementos ao cultivo.
- Obx02 - Os avances, metodoloxías e ferramentas empregadas no control do benestar, reprodución, nutrición, metabolismo, crecemento, xenética e patoloxía en especies de interese para a acuicultura.
- Obx03 - Os factores importantes para o crecemento, reprodución e supervivencia dos organismos acuáticos en cada unha das etapas do ciclo reprodutivo, así como as condicións apropiadas da auga e das instalacións.
- Obx04 - A interacción da acuicultura e o medio ambiente, tanto respecto ó impacto ambiental das actividades acuícolas como ós efectos do ambiente sobre o benestar animal.
- Obx05 - Os criterios de deseño e os fundamentos de enxeñaría necesarios para promover e/ou xestionar de forma viable un sistema de acuicultura.
- Obx06 - Os fundamentos tanto técnicos como de xestión e de mercado para a correcta organización dunha empresa da acuicultura.
- Obx07 - Os criterios necesarios para acadar un produto de calidade a través da boa xestión do proceso.
- Obx08 - As metodoloxías e as ferramentas necesarias para desenvolver investigación na acuicultura en centros públicos e privados.
- Obx09 - Como plantexar e desenvolver proxectos de investigación que lle permitan xerar novos coñecementos na acuicultura.
- Obx10 - A lexislación máis relevante neste campo.
CB - Compentecias básicas
- CB01: Garantirase que o estudantado posúa e comprenda os coñecementos que lle aporte a capacidade de innovación e orixinalidade no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, tanto no ámbito profesional como nun contexto de investigación.
- CB02: Garantirase que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- CB03: Garantirase que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formulación de interpretacións e xuizos a partir dunha información a miudo incompleta, incluindo reflexións sobre as responsabilidades sociais i éticas vinculadas á resolución de problemas específicos.
- CB04: Garantirase que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións (e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan) a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- CB05: Garantirase que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG - Compentecias xerais
- CG01: Adquisición de capacidades de análise e prospección sobre a situación actual e futura da acuicultura.
- CG02: Apreciar a importancia do debate e traballo en equipo, a comunicación interpersoal e a responsabilidade.
- CG03: Valorar a importancia das análises multidisciprinares e a relación entre coñecementos para a resolución de problemas e para análise de puntos críticos.
- CG04: Empregar as terminoloxías científicas adecuadas.
- CG05: Redactar e defender informes profesionais e publicacións científicas, fomentando a expresión audiovisual, oral e escrita.
- CG06: Atopar e consultar as fontes de información e bases de datos necesarias; analizar e sintetizar documentos.
- CG07: Contribuir o coñecemento, plantexando e desenvolvendo proxectos de investigación e cultivo.
- CG08: Potenciar o manexo de idiomas extranxeiros.
- CG09: Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
- CG10: Capacidade de traballar de forma individual no deseño experimental, amosando autonomía no traballo de laboratorio.
CE - Compentecias específicas
- CE01: Asimilación da importancia da calidade da auga e da súa supervisión.
- CE02: Coñecemento do ciclo biolóxico e aspectos fisiolóxicos e morfolóxicos dos animais e algas de cultivo.
- CE03: Desenvolver e coñecer as técnicas de cultivo de peixes, moluscos, outros invertebrados, de algas, e cultivos auxiliares.
- CE04: Controlar todos os factores fisiolóxicos, metabólicos, inmunolóxicos, ambientais, de alimentación, … que afectan ó benestar das especies en cultivo, e implementar os procesos de reprodución, produción, mantemento e patoloxía de especies clave e especies potenciais en acuicultura.
- CE05: Diagnosticar, previr e controlar enfermidades.
- CE06: Realizar controles de calidade e trazabilidade.
- CE07: Adquirir coñecementos sobre as características técnicas e de deseño das instalacións para o cultivo.
- CE08: Previr o potencial impacto ambiental da acuicultura.
- CE09: Organizar a produción asegurando a súa viabilidade.
- CE10: Identificar obxectivos relevantes de investigación e planificar a súa consecución.
- CE11: Adquirir os coñecementos básicos e aplicados de xenética, xenómica e proteómica aplicada á acuicultura.
- CE12: Coñecer as técnicas utilizadas para avaliar o estado do sistema inmunitario así como a metodoloxía utilizada para determinar os efectos da dieta, estrés, inmunoestimulantes e inmunización sobre o sistema inmunitario.
- CE13: Identificar e aplicar a normativa internacional, estatal e comunitaria aplicable á acuicultura.
CT - Compentecias transversais
- CT01: Capacidade para xestionar o tempo e as tarefas, e traballar baixo presión ou en situacións críticas (flexibilidade, predisposición ao cambio, esforzo).
- CT02: Capacidade de traballo autónomo e de toma de decisións.
- CT03: Capacidade de traballo en equipo: cooperación, debate, negociacion.
- CT04: Habilidade na busca, análise e interpretación de fontes de información variadas ou en distintos idiomas (fundamentalmente inglés).
- CT05: Habilidade na presentación de coñecementos e resultados: comunicación oral e escrita; capacidade analítica, crítica e de síntese; uso de recursos informáticos.
- CT06: Creatividade, iniciativa e espírito emprendedor.
- CT07: Autocrítica; desexo de superación; interese pola calidade.
- CT08: Compromiso coa ética na profesión e na sociedade.
- CT09: Respecto polas normas, pola diversidade, a multiculturalidade e o medioambiente.
Compentecias das materias
Materias |
C. Xerais |
C. Específicas |
C. Básicas |
C. Transversais |
MODULO BÁSICO |
|
|
|
|
B.1.- Introdución á acuicultura |
1,4 | 3,7 | 3 | 5 |
B.2.- Bioloxía dos animais acuáticos cultivables |
1,4,8 | 2 | 2,4 | 7 |
B.3.- Bioloxía das algas cultivables |
4,6 | 2,3 | 5 | 2,4 |
B.4.- Fisioloxía dos animais acuáticos cultivables |
2,4,6,8 | 4,12 | 4 | 3,5 |
B.5.- Xenética aplicada á acuicultura |
4,9,8 | 11 | 3,5 | 4 |
B.6.- Inmunoloxía dos animais acuáticos cultivables |
4,6,9,8 | 4 | 1,5 | 2,4 |
|
||||
MODULO PATOLOXÍA |
|
|
|
|
P.1.- Patoloxía en acuicultura |
2,6,8 |
5 |
3,5 |
1,5 |
P.2.- Diagnóstico de enfermidades |
3,8,9 |
5 |
3 |
3,4 |
P.3.- Desenvolvemento de ferramentas de prevención e control |
5,8 |
5 |
2,3 |
3,4 |
P.4.- Ferramentas para a análise epidemiolóxica |
3,6,8,9 |
5 |
2,3 |
4 |
|
|
|
|
|
MODULO CULTIVO I |
|
|
|
|
CI.I.- Alimentación e nutrición |
2,4,6,8 |
4 |
4 |
3,5 |
CI.2.- Calidade e xestión da auga |
3,4,9 |
1,7,9 |
5 |
1,6 |
CI.3.- Toxicoloxía e mareas tóxicas |
1,2,8 |
10 |
1,4 |
3,5 |
CI.4.- Xestión de empresas acuícolas |
1,4,6 |
8,9,13 |
1,2 |
4 |
CI.5.- Calidade, procesado e trazabilidade |
4,8 |
6,11 |
2 |
5 |
|
|
|
|
|
MODULO CULTIVO II |
|
|
|
|
CII.1.- Cultivo de microalgas e zooplancton |
2,8 |
3,9 |
2 |
1 |
CII.2.- Cultivo de macroalgas |
1,4,8 |
2,3 |
2 |
5 |
CII.3.- Cultivo de peixes |
6 |
3,4,9 |
1,4 |
4 |
CII.4.- Cultivo de moluscos bivalvos |
1,6 |
3,4 |
1,4 |
4 |
CII.5.- Cultivo doutros invertebrados |
1,6 |
3,4 |
1,4 |
4 |
|
|
|
|
|
MODULO BIOTECNOLOXÍA |
|
|
|
|
Bt.1.- Mellora xenética |
3,4,8 |
10,11 |
2 |
2,4 |
Bt.2.- Xestión de recursos xenéticos en acuicultura |
7,8 |
10,11 |
2,4 |
4,5 |
Bt.3.- Xenómica estrutural e funcional |
3,4,8 |
10,11 |
2 |
2,4 |
Bt.4.- Aplicacións biotecnolóxicas en acuicultura |
8,9 |
4,11 |
1,2 |
4,5 |
Bt.5.- Deseño experimental e análise de datos |
8,9,10 |
10 |
1,4 |
2,5 |
Bt.6.- Análise filoxenético |
2,3,6,8,9 |
10 |
1,2,4 |
1,3 |
|
|
|
|
|
MODULO ESPECIALIZACIÓN E FIN DE MÁSTER |
|
|
|
|
E.1.- Prácticas en empresa |
1-3,5,6,9 |
2,7,9 |
1,4 |
1,5,8,9 |
E.2.- Iniciación á investigación |
4-10 |
10 |
2,3 |
2,4,5,9 |
E.3.- Proxecto de desenvolvemento novidoso |
1,3,5,6 |
3,7-9,13 |
1-3 |
2,4-6 |
E.4.- Traballo fin de máster |
1,4-6,8-10 |
1-13 |
2,3 |
4,5 |
Comisión Académica Interuniversitaria
- Coordinador xeral: Isabel Bandín Matos
- USC:
- Jesús López Romalde, Decano da Facultade de Bioloxía (ou persoa en quen delegue)
- Francisco Javier Salgado Castro (Responsable de Calidade do centro)
- Concepción Lapido Silva (Xestora do centro)
- Carlos Pereira Dopazo (Director do Instituto de Acuicultura)
- Isabel Bandín Matos (Coordinadora académica)
- Jesús Lamas Fernández (Vogal)
- 2º Vogal [Pendente de elección]
- 1 estudante [Pendente de elección]
- UDC:
- Andrés Martínez Lage, Decano da Facultade de Ciencias (ou persoa en quen delegue)
- Eva María Costoya Sánchez (Xestor do centro)
- Javier Cremades Ugarte (Coordinador académico)
- Ana Insua Pombo (Vogal)
- Ángeles Cid Blanco (Vogal)
- 1 estudante [Pendente de elección]
- UVigo:
- Mercedes Gallardo Medina, Decana da Facultade de Bioloxía (ou persoa en quen delegue)
- Jesús Míguez (Responsable de Calidade)
- José Luís Soengas Fernández (Coordinador académico)
- José M. García Estévez (Vogal)
- Elsa Vázquez Otero (Vogal)
- 1 estudante [Pendente de elección]
Comisión Permanente
- Coordinador Xeral: Isabel Bandín Matos
- USC: Jesús Lamas Fernández
- UVigo: José Luis Soengas Fernández
- UDC: Javier Cremades Ugarte
O Mestrado en Acuicultura contará co apoio das oficinas de Mestrado e dos servizos centrais de informática para a utilización das distintas plataformas de ensino virtual de cada unha das universidades participantes. Contaremos tamén co sistema de video-conferencia para a docencia teórica. Tamén se empregarán as bibliotecas dos centros implicados.
Outras instalacións de interese
Equipamento de videoconferencia
Desde a implantación inicial deste mestrado no curso 2008-2009, cóntase con salas equipadas con equipos de videoconferencia Polycom VisualConcert (con capacidade para compaxinar a comunicación visual/oral con envío/recepción de datos e presentacións), con lousas electrónicas e tabletas gráficas, ademais de todos os complementos necesarios para a docencia (canóns de vídeo e monitores de plasma de 50” para facilitar a visualización de alta calidade do estudantado, profesorado e presentacións ata 6 sedes). A comunicación establécese entre 3 centros: Facultade de Bioloxía de Santiago (e Instituto de Acuicultura), Facultade de Bioloxía de Vigo e Facultade de Ciencias da Coruña; todas as sedes contan con salas alternativas de videoconferencia equipadas ao mesmo nivel, que permite non parar a docencia se un equipo está fóra de servizo.
Aulas de propósito xeral
Conta cunha aula de uso exclusivo do mestrado en cada unha das 3 facultades (unha de cada Universidade) implicadas, así como doutra aula no Instituto de Acuicultura da USC (IA-USC). Cada aula está provista dun sistema de videoconferencia completo, así como lousas dixitais, pantallas de TV, cañóns de video e computadores.
Aulas-seminario e laboratorios con dotación específica
Cada unha das tres facultades implicadas, así como o IA-USC, conta cun laboratorio de uso do mestrado; ademáis, cada departamento universitario e Centros e Institutos extrauniversitarios poñen a disposición do mestrado (según convenio formal) as súas instalacións docentes e de prácticas.
Espazos para traballo do estudantado:
As bibliotecas das tres facultades implicadas (e as Bibliotecas Xerais), do IA-USC, así como de todos os Centros e Institutos implicados, están á enteira disposición do estudantado do mestrado.
Outros espazos
As facultades implicadas poñen a disposión do estudantado do mestrado as salas de estudo, aulas informáticas, biblioteca, e todos os servizos dispoñibles.
Biblioteca
O Mestrado en Acuicultura conta cun servizo propio de biblioteca con fondos obtidos con financiamento externo e préstamos de determinadas entidades. Este fondo bibliográfico está a disposición do estudantado en cada unha das sedes, tanto en réxime de consulta como de préstamo. Ademáis, cada Facultade pon a disposición do estudantado as súas salas de biblioteca, con todos os recursos dispoñibles, incluíndo fondos bibliográficos físicos e dixitais, así como os recursos de BUGALICIA e revistas electrónicas. Aportanse os servizos de hemeroteca e de recollida de libros en réxime de préstamo. Os Centros non universitarios poñen a disposición do estudantado os seus servizos de biblioteca, ainda que só en réxime de consulta. As bibliotecas dos centros universitarios involucrados contan con servizo de escáner, reprografía, consulta por ordenador e lectores de microformas.
Recursos en rede para a docencia
Os recursos propios das tres Universidades e dos Centros non universitarios implicados. Ademáis, o mestrado conta cunha web propia con intranet para colgar documentos dirixidos aos alumnos. Todos os centros contan cun servizo de rede sen fíos dispoñible para o estudantado, que deberán estar rexistrados para poder usalo.
Centro costero de Vigo
Instituto Español de Oceanografía (IEO-Vigo)
Instituto de Investigaciones Marinas de Vigo
Consejo Superior de Investigaciones Científicas (IIM-CSIC)
Centro de Investigacións Mariñas (CIMA-Corón)
Xunta de Galicia
Centro de Cultivos Mariños (CIMA-Ribadeo)
Xunta de Galicia
Instituto Galego de Formación en Acuicultura
Consellería de Pesca
Xunta de Galicia (IGAFA)
Empresa | Planta | Localidade | Tipo de actividade |
---|---|---|---|
Acuario de A Coruña | Acuario Finisterrae | A Coruña | Acuario educacional |
Acuario de Gijón | Gijón | Acuario educacional | |
ANFACO | Vigo | Invest. e análise orientado á Acuicultura | |
Aquatreck | Vigo | Biotecnoloxia farmacéutica para peixes | |
AVRAMAR | Burriana | Burriana, Castellón | Cultivo de lubina/dou rada |
Campello | Campello, Alicante | Cultivo de lubina/dourada | |
Gramamed | Villajollosa, Alicante | Cultivo de lubina/dourada | |
Calpe | Calpe, Alicante | Cultivo de lubina/dourada | |
Bersolaz | Puerto de Sagunto, Valencia | Cultivo de lubina/dourada | |
Caviar Piriniea | Planta de Lires | Cee, A Coruña | Cultio de troita |
CTAQUA | Cádiz | Cultivo de peixes, moluscos y crust | |
CETGA/Cluster de Acuicultura | Planta de Couso | Punta de Couso, Aguiño | Cultivo de rodaballo, lenguado e otras |
Cofradía de Noia | Noia, Freixo, Serra de Outes | Criadeiro de moluscos | |
IEO | Canido | Canido, Vigo | Cultivo novas especies |
INALVE | Francia | Producción de microalgas | |
INCAR | Chile | Investigación Biotecen Acuic | |
Insuiña, Pescanova | Planta de Xove | Xove, Lugo | Cultivo de rodaballo |
Planta de O Grove | O Grove, Pontevedra | Cultivo de rodaballo | |
MOWI Irlanda | Cultivo de salmón | ||
Ostreira SL | Meloxo | O Grove, Pontevedra | Criadeiro de Moluscos |
Phycosem | A Coruña | Cultivo de algas | |
Portomuiños S.L. | Cerceda, A Coruña | Cultivo e comercializacion de algas | |
Rara Avis Biotec S.L. | Valencia | Producción de anticorpos e gonadotropinas recombinantes, inducción de ciclos reprodutivos | |
Safiestela | Portugal | Poboa de Varzim | Cultivo de lenguado |
Stolt Sea Farm España | Granja de Couso | Couso, Ribeira | Cultivo de rodaballo elenguado |
Granja de Lira | Lira, Carnota | Cultivo de rodaballo e lenguado | |
Lira Calidad | Lira, Carnota | Departamento de Calidade | |
Granja de Quilmas | Quilmas, Carnota | Cultivo de rodaballo e lenguado | |
Granja de Cabo Vilán | Cabo Vilán, Camariñas | Cultivo de rodaballo e lenguado | |
Stolt Sea Farm Francia | Cultivo de rodaballo e lenguado | ||
Stolt Sea Farm Portugal | Tocha | Cantanhede | Cultivo de rodaballo e lenguado |
Coordinación
Coordinador xeral
Isabel Bandín Matos
Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS)
Universidade de Santigo de Compostela: Campus Sur
Tlf: 881 816 087
carlos.pereira [at] usc.es (isabel[dot]bandin[at]usc[dot]es)
Coordinación académica na UDC
Javier Cremades Ugarte
Facultade de Ciencias
Universidade da Coruña: Campus da Zapateira s/n. 15071 A Coruña
Tlf: 981 167 000 ext 2153
javier.cremades [at] udc.es (javier[dot]cremades[at]udc[dot]es)
Coordinación académica na USC
Jesús Lamas Fernández
Instituto de Investigación do Medio Acuático para unha Saúde Global (iARCUS)
Universidade de Santigo de Compostela: Campus Sur
Tlf: 881 816 951
isabel.bandin [at] usc.es (jesus[dot]lamas[at]usc[dot]es)
Coordinación académica na UVigo
José Luís Soengas Fernández
Facultade de Bioloxía
Universidade de Vigo: Edif. de Ciencias experimentais. 36310 Vigo
Tlf: 986 812 564
jsoengas [at] uvigo.es (jsoengas@uvigo.g)al