Skip to main content

Seminario "Despoboamento e dinamización socioeconómica do medio rural galego a principios do século XXI"

09.11.2024 | 12.00h

Sala de Informática

Organizer: Facultade de Humanidades

O seminario impartido polo profesor Antonio Doval Adán e que forma parte do plan formativo do Campus Terra desenvólvese o 11 de setembro na Facultade de Humanidades. A inscrición permanece aberta en liña

Facultade de Humanidades
Facultade de Humanidades

O seminario ten por obxectivo coñecer o grao de despoboamento, abandono de terras e aldeas que afecta actualmente o medio rural galego e analizar as principais estratexias que se deben acometer para frear esta tendecia e impulsar e dinamizar a vida das persoas que viven nos asentamentos rurais de Galicia. 

O programa do curso, para o que se ofrecen 25 prazas, permitirá ao estudantado inscrito coñecer o problema do despoboamento do rural galego, unha perigosa tendencia que pon en grave risco o futuro de numerosas localidades e asentamentos de poboación do rural galego, e que nos obriga a facer unha profunda reflexión para encontrar as estratexias máis axeitadas que debemos impulsar para dinamizar os espazos rurais e reter neles poboación nova, que sexa capaz de aproveitar os recursos e potencialidades que presenta o medio rural galego. 

As estratexias básicas para a dinamización socioeconómica e territorial, diversificación productiva, accións de mellora e dotación de servizos sociais e culturais así como a necesaria reordenación territorial do medio rural galego completan os contidos dun seminario dirixido a estudantado de grao e mestrado.

A inscrición permanece aberta a través dun formulario electrónico para este curso que se imparte en modalidade presencial e en liña.

The contents of this page were updated on 10.08.2024.