Skip to main content

Seminario "A vida é un carnaval"

10.14.2024 | 11.30h-20.00h

Organizer: Facultade de Humanidades

O seminario ten como obxectivo achegar ao alumnado a importancia dos rituais na conformación e sustento das identidades e poñer en valor a tradición do Entroido que conecta Galicia con contextos estatais e europeos.

Imaxe do seminario
Imaxe do seminario

O seminario, promovido pola Facultade de Humanidades e coordinado pola profesora Elena Freire, ten por obxectivo proporcionar, por una banda, un coñecemento rigoroso sobre as prácticas relacionadas co Entroido na eurorexión Galicia-Norte de Portugal, onde incidirase nos camiños percorridos para as distintas catalogacións e recoñecementos polas distintas institucións validadas para tal efecto e, de maneira destacada, pola UNESCO e por outra banda optimizar os recursos existentes na tradición do mundo rural galego para una xestión vertebrada na cultura. 

Programa da xornada:

  • 11:30-13:00| Reciclar la cultura. Una travesía estética a través de la máscara. Impartido por Pilar Panero.
  • 13:00-14:30| Festas de Inverno com máscaras: ¿de onde vêm, para onde vão?. Impartido por Paula Godinho.
  • 17:00-18:30| Carnaval em Lazarim sempre foi meio maroto. Criatividade e utopias. Impartido por Dulce Simoes
  • 18:30-20:00| Facer a tradición. Estudio e investigación das máscaras de Entroido. Impartido por Xosé Manuel Seixas.

No primeiro bloque, as intervención das profesoras Simoes e Godinho, fundamentarán esa aproximación expositiva que funcionará como marco referencial para as intervención de Pilar Panero que acaba de ver aprobado un proxecto europeo —MASK— de 1,28 millóns de euros na convocatoria Erasmus-Edu-Alliances for Education and Enterprises 2023. O obxectivo do proxecto, no que participan 12 socios de Rumanía, Italia, Portugal e España, é fomentar un itinerario de aprendizaxe que permita aos estudantes aprender os diferentes procesos de fabricación artesanal que interveñen na creación das máscaras. Neste sentido a súa intervención encaixará có relato de Xosé Manuel Seixas que desde Souto de Torres ,Castroverde,  leva anos a traballar na recuperación e fabricación de máscaras de Entroido tradicionais. A idea é que ao redor destas dúas intervención o alumnado poida dar conta do valor da artesanía e dos coñecementos tradicionais para prácticas turísticas vinculadas a un modelo de desenvolmento no que o social e o cultural poden e deben funcionar como factor diferenciado de calidade para contextos locais. Neste caso, quedan fóra dos obxectivos da xornada os carnavais en contextos urbanos, limitando o obxecto de estudo aos rituais e máscaras que conforman a tradición e a celebración no mundo rural. Precisamente aí é onde as máscaras de inverno producidas na Galicia resultan un factor diferenciado que pode dar lugar a un emprego respectuoso co seu uso e valor cultural que valide o patrimonio e a riqueza das zonas rurais como fontes de coñecemento e identidade.

Os interesados en participar neste seminario teñen que encribirse no seguinte enlace. As prazas límitanse a 20 persoas.

The contents of this page were updated on 10.04.2024.