
O Salón de Actos da EPSE será escenario, o vindeiro 6 de novembro, a partir das 12.00 horas, dunha sesión de pílulas científicas na que se abordará o castiñeiro dende diversas perspectivas. ‘Castiñeiros monumentais de Galicia’ será o título da intervención que levará a cabo o profesor Antonio Rigueiro. Pola súa parte, Santiago Pereira abordará a orixe e diversidade das variedades de castiñeiro na comunidade, mentres que Fina Lombardero acometerá o desenvolvemento de elicitadores de defensa en castiñeiro do país. As variedades e híbridos de castiñeiro cultivados, microenxertados e conservados in vitro, será o aspecto no que profunde Juan Luís Fernández; mentres que Emilio Díaz falará dos soutos como “sistemas socio-ecolóxicos multifuncionais”. O colofón correrá a cargo de Xoán Vila coa pílula titulada ‘Imaxínate que es un castiñeiro nun bosque’.