Skip to main content

Xoves de Ciencia e Cañas no Campus Terra

04.24.2025 | 18.00h-20.00h
Imaxe de arquivo da Facultade de Veterinaria da USC. FOTO: Santi Alvite
Imaxe de arquivo da Facultade de Veterinaria da USC. FOTO: Santi Alvite

Marcelino Maneiro Maneiro, Antonio Villamarín Cid e Laura Abuín Arias intervirán na vindeira sesión dos 'Xoves de Ciencia e Cañas no Campus Terra' que se desenvolven este xoves 24, ás 18.00 horas, na cafetaría da Facultade de Veterinaria.

As profesoras Ana Fresno e Marta Prado organizan esta actividade, co apoio do Paso de Ecuador e a Asociación de Investigadores AgroMar, que aspira a converterse nunha cita ineludible coa divulgación científica o último xoves de cada mes no Campus de Lugo. De feito, dende a organización poñen o foco en que este evento servirá para “saber que se investiga no Campus Terra, establecer conexións entre o persoal investigador, ou descubrir a infraestrutura coa que conta cada centro”. Ademais, o foro permitirá obter ideas á hora de decantarse por un tema ou outro na realización de Traballos Fin de Grao ou Fin de Mestrado, información sobre bolsas, ou respostas a múltiples dúbidas relativas ao eido investigador.  

The contents of this page were updated on 04.23.2025.