Organizer: Facultade de Administración e Dirección de Empresas
O plantexamento deste curso consiste en presentar a metodoloxía de revisión sistemática de literatura, detallando os pasos a seguir e as distintas tarefas a realizar para desenvolver este método con rigor.

O obxectivo deste curso, impartido por Vanessa Mato Santiso e coordinado por Guadalupe Vila Vázquez , é que o persoal investigador aprenda a realizar unha revisión sistemática da literatura, así como orientalo no proceso de redación dun artigo desta natureza, para que poidan publicar a súa revisión en revistas de alto impacto (JCR, Scopus, etc.).
Ademáis, no curso farase unha demostración sobre cómo se pode usar o software VOSviewer para aprender a elaborar mapas bibliométricos coa información contida nos documentos resultantes da revisión sistemática. Finalmente, tamén se abordarán algunhas recomendacións en relación coa estructura e a organización da información para a publicación dunha revisión sistemática da literatura en revistas académicas de alto impacto.
O curso, que se iniciará o 4 de xullo en horario de 10:00 a 13:00 horas, será impartido baixo a modalidade "en liña" e xa ten aberta a súa inscrición: Formulario de Inscrición.