Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS.
Ubicación
Santiago
Modalidad
Presencial
Duración
Horas presenciales: 10
Total: 10
Matrícula en la actividad
11/01/2023 - 18/01/2023
Desarrollo de la actividad
25/01/2023 - 26/01/2023
Profesor/a
Ana Isabel Rodriguez Vazquez
Profesor/a externo/a
Margarita Pazos Barcala
Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
---|---|---|---|
Técnicas de expresión oral e xestual: aplicación no ámbito académico | Seminario 3, Facultade de Ciencias da Comunicación (Campus Norte) | 25 e 26 de xaneiro de 2023 | de 16:00 a 19:30 e 3 horas non presenciais para a realización da tarefa |
- Adquisición de destrezas básicas no manexo de técnicas de expresión oral e xestual para a divulgación de traballos académicos e da produción científica.
- Mellorar a formación do estudantado na presentación dos seus traballos académicos (teses de doutoramento) e da divulgación da producción científica en congresos e otros eventos.
- Introducción ás técnicas de expresión oral e escrita
a) Comunicar para divulgar: a importancia da naturalidade.
b) Linguaxe oral: técnicas de vocalización, respiración e entonación.
c) Linguaxe xestual: técnicas de comunicación e de conexión a través do rostro e do corpo.
(Docente: Marga Pazos - 25 de xaneiro de 2023, de 16 a 19:30h) - Técnicas de expresión oral e escrita aplicadas ao ámbito académico:
a) Técnicas para a divulgación científica de traballos académicos: como preparar a defensa ante tribunal
b) Técnicas para a divulgación da produción científica en eventos (congresos, reunións sectoriais, etc.)
(Docente: Ana Isabel Rodríguez Vázquez -26 de xaneiro de 2023, de 16 a 19:30h)
Marga Pazos Barcala Graduada en Xornalismo. Licenciada en Publicidade e RRPP. Master en Marketing, Consultoría e Comunicación Política (USC). Dous anos na Radio Galega, departamento de Programas. Experiencia de 21 anos en TVG, como presentadora e redactora no departamento de Informativos, incluíndo debates políticos, noites electorais, entrevistas, especiais... Dende 2019 en excedencia na CRTVG, traballando como consultora e comunicadora en wecom Consultora de Comunicación e RRPP, e diversos proxectos audiovisuais, xornalísticos e publicitarios.
Ana Isabel Rodríguez Vázquez Xornalista e profesora titular de Universidade (TU). Forma parte do equipo investigador do Grupo de Estudos Audiovisuais-GEA e conta con experiencia docente en materias como Xéneros informativos televisivos e Audiencias, nos graos de Xornalismo, Comunicación Audiovisual e no Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisua, así como no Máster en Xornalismo e Comunicaicón Multimedia. Conta, tamén, con máis dunha década de experiencia en medios como prensa, televisión e Internet.