Dirixido a estudantes da EDIUS.
Ubicación
Santiago
Modalidad
Presencial
Duración
Horas presenciales: 8
Total: 8
Matrícula en la actividad
03/12/2021 - 10/12/2021
Desarrollo de la actividad
16/12/2021 - 17/12/2021
Profesor/a
Ángel Antonio Vizoso García
Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
---|---|---|---|
Deseño e edición de materiais para presentacións escritas | Facultade de Ciencias da Comunicación, aula de informática 3 | 16 e 17 de decembro de 2021 | de 16:00 a 20:00h. |
Despois dun breve repaso polo papel do deseño gráfico na socieade actual, cautivada pola imaxe, estudaremos a estructura do documento gráfico e o rol que xogan a forma, a cor e o propio soporte, sexa papel ou pantalla. Editaremos, na parte práctica, un documento para crear un modelo de presentación utilizando a combinación de elementos e ferramentas adecuados.
-
PARTE TEÓRICA:
-
Para que deseñar: O papel do deseño como apoio para a mellora visual e funcional do contido (o deseño non vai facer mellor o contido pero pode ser capaz de potenciar a curiosidade e o interese do lector por el e a posibilidade de comprendelo máis facilmente).
-
A composición visual: A estructura no deseño gráfico: A retícula. Como facer fácil o que parece difícil: Que todo funcione, que non haxa ruido. O deseño transparente.
-
Os elementos do documento gráfico e o seu uso: A tipografía, elementos gráficos, imaxes...
-
A cor: ata onde arriscar e cales son as combinacións adecuadas.
-
Formatos: A función determina a forma do documento (os formatos máis adecuados para cada caso).
-
Os libros e outros documentos: Visualizar algunhas edicións e avalialas (como un deseño adecuado modifica a impresión que pode causarnos un documento editado).
-
PRÁCTICA:
-
Edición dun documento para a súa presentación como se dun traballo do doutorado se tratase.