Alumnado obxectivo: Estudantes da EDIUS.
Ubicación
ONLINE
Modalidad
Telemática
Duración
Horas presenciales: 9
Total: 9
Matrícula en la actividad
28/11/2022 - 05/12/2022
Desarrollo de la actividad
13/12/2022 - 15/12/2022
Profesor/a externo/a
Vanessa Mato Santiso
Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
---|---|---|---|
Revisión sistemática da literatura e análise bibliométrica con VOSviewer | Actividade online | 13, 14 e 15 de decembro de 2022 | días 13 e 14 de 9:00 a 12:00 horas; día 15 de 10:00 a 13:00 |
- Concepto de revisión sistemática da literatura e diferenza coa revisión tradicional.
- Etapas dunha revisión sistemática da literatura.
- Crear unha ecuación de búsqueda de literatura apropiada.
- Exportación de documentos das bases de datos Scopus e Web of Science.
- Tratamiento da información para o desenvolvemento dunha revisión sistemática.
- Realización dunha análise bibliométrica co apoio do programa VOSviewer.
- Recomendacións para a elaboración dun artigo sobre unha revisión sistemática, que pode ser publicado en revistas de alto impacto (JCR, Scopus, etc.).
Vanessa Mato Santiso é profesora axudante doutora da Área de Organización de Empresas da Universidade da Coruña. É doutora en análise económica e estratexia empresarial, e licenciada en Administración e Dirección de Empresas pola Universidade da Coruña. Ten formación de posgrao en Responsabilidade Social e Innovación, e en xestión da innovación empresarial. As súas liñas de investigación céntranse en estratexias multi/omnicanal, xestión de organizacións sen ánimo de lucro, innovación social, sustentabilidade e responsabilidade social, participando en proxectos de investigación, congresos e publicacións nacionais e internacionais. En 2018, realizou unha estadía internacional de investigación na Escola de Xestión de Rotterdam da Erasmus University (Holanda, Países Baixos). Actualmente, participa como investigadora no proxecto europeo H2020 1.5º lifestyles sobre estilos de vida sostibles, e no proxecto nacional CO-CRESEO sobre a co-creación de valor en empresas sociais. Tamén foi investigadora no proxecto europeo ITSSOIN - Social Innovation and Civic Engagement (Comisión Europea, 7º Programa Marco: 2014-2017).