Alumnado obxectivo: Alumnado de Doutoramento con interese en mellorar as súas competencias e habilidades para o traballo en equipo.
Ubicación
Lugo
Modalidad
Presencial
Duración
Horas presenciales: 8
Total: 8
Matrícula en la actividad
03/01/2022 - 17/01/2022
Desarrollo de la actividad
21/01/2022 - 21/01/2022
Profesor/a
Jose Luis Pastoriza Rozas
Grupo | Lugar | Fechas | Horario |
---|---|---|---|
Teambuilding: aprendendo de xeito activo a traballar en equipo (Lugo) | Campus de Lugo, Aula Explorer da Facultade de ADE | 21 de xaneiro de 2022 | 10:00 a 20:00 h |
O curso está deseñado para o desenvolvemento de habilidades para o traballo en equipo das persoas doutorandas. A través das dinámicas activas do curso traballaranse activamente as competencias transferibles relativas á comunicación, cooperación, liderado, escoita activa e feedback necesarias para traballar de forma eficaz en equipo.
*O enfoque do curso está baseado no aprender facendo e aprendizaxe entre iguais facilitándose un traballo de aprendizaxe experiencial e reflexivo desde a experiencia previa da persoa doutoranda.
-
Aplicarase a metodoloxía da aprendizaxe experiencial de tal xeito que o curso carece de sesións teóricas. As aprendizaxes desenvolveranse a partir da realización dunha serie de dinámicas activas en equipo orientadas ao desenvolvemento das competencias de comunicación, cooperación, liderado, escoita activa e feedback. Tras cada actividade realizarase unha sesión colectiva de revisión das aprendizaxes vinculadas a cada dinámica cunha revisión final en común
-
10.00. Benvida e presentación.
-
10.15. Actividade 1. Un desafío de innovación.
-
10.45. Revisión en común inicial: Botar as cartas: a nosa experiencia previa no traballo en equipo.
-
11.15. Actividade 2: Desafiando os nosos marcos mentais.
-
11.45. Pausa
-
12.15. Actividade 3: Comunicación cega.
-
13.15. Actividade 4: As ovellas de Panurgo.
-
14.00. Lunch
-
15.00. Actividade 5: Un pau non pode flotar.
-
15.30. Actividade 6: Un paseo pola lúa.
-
16.30. Actividade 7: GPS.
-
17.30. Pausa
-
18.00. Actividade 8: Tea de araña.
-
19.00. Revisión en común final: Botar as cartas: revisión de aprendizaxes e feedback.
-
20.00. Despedida.
-
Recomendacións: Para a realización das dinámicas activas recoméndase vir vestido con roupa cómoda e calzado deportivo. As actividades programadas teñen un nivel de esixencia física baixo. Tanto para as pausas como para o “lunch” recoméndase que o alumnado traia as súas propias bebidas e alimentos para consumir no propio lugar de celebración da formación.
Xosé Luís Pastoriza Rozas é licenciado en Filosofía e Máster en Desarrollo Local pola Universidade de Santiago de Compostela e MSc NGOs and Development pola London School of Economics and Political Science. Actualmente é docente no Grao de Filosofía da USC e consultor especializado en políticas públicas de cooperación para o desenvolvemento e educación para a cidadanía global. Como GradSchool Tutor certificado por Vitae-UK en competencias transferibles ten impartido formacións específicas de aprendizaxe experiencial de traballo en equipo.
ORCID: https://orcid.org/0000-0002-4193-8375