Pasar al contenido principal

Actualidad

Na procura dun desconfinamento máis seguro

O profesor da USC e epidemiólogo Francisco Caamaño analiza cales deben ser as medidas de seguridade necesarias á hora de retomar a actividade laboral presencial. Unha das recomendacións á hora de compartir espazo con outras persoas pasa por ter moito coidado nos diferentes accesos ao espazo de traballo

Leer más

A cultura, pasaporte para volver ás orixes

O Máster en Servizos Culturais da Facultade de Humanidades da USC acha en Hispanoamérica un filón de titulados universitarios con ascendencia galega que solicitan as Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) da Xunta de Galicia para cursar estudos de posgrao no SUG

Leer más

Descifrando o magnetismo do grafeno

Investigadores da USC, do Donostia International Physics Center e do CIC nanoGUNE detectan o estado magnético dunha pequena estrutura triangular de grafeno, de apenas 40 átomos de carbono. Trátase da primeira evidencia experimental realizada cun microscopio de efecto túnel, o cal permite captar imaxes de superficies a nivel atómico

Leer más

A USC alíase co oso pardo na súa reconquista do Courel

A Estación Científica da USC actúa como centro loxístico e campamento base dos investigadores implicados no Life Oso Courel, un proxecto europeo no que a institución académica colabora coa Fundación Oso Pardo e ao abeiro do que se plantaron milleiros de árbores na serra courelá para mellorar o hábitat deste plantígrado

Leer más

ESTALMAT-Galicia 2020 abre o seu prazo de inscrición

A proba de selección celebrarase na Facultade de Matemáticas ao comezo do curso 2020-21 cando se poda desenvolver coas oportunas medidas de seguridade sanitaria. Esta iniciativa está dirixida a estudantes nados nos anos 2007 ou 2008, con independencia dos estudos que cursen

Leer más