Pasar al contenido principal

Actualidad

A Facultade de Ciencias acada a implicación do CSIC na ECSOC-24

O investigador e divulgador Bernardo Herradón incorpórase ao comité científico da XXIV Conferencia Electrónica Internacional de Química de Síntese Orgánica, un foro virtual moderado desde o Campus de Lugo polo grupo SWT da USC para o que xa está aberta a presentación de artigos e comunicacións no enderezo organic@usc.es

Leer más

Nace o grupo virtual 'Lectura crítica no tempo da COVID-19'

A primeira sesión desenvolverase o 3 de xuño ás 18.00 horas a través de Microsoft Teams e as inscricións poden realizarse no enderezo electrónico cesar.dominguez@usc.es. A cada sesión de lectura poderá acceder un máximo de 20 persoas para asegurar, deste xeito, unha participación fluída.

Leer más

O Campus Virtual supera un ataque informático deliberado

Asegurado o seu correcto funcionamento logo dun ataque nas últimas horas, cuxos autores foron identificados. A USC fai un chamamento á responsabilidade da súa comunidade que de xeito maioritario se conecta con normalidade á plataforma dixital e desenvolve a súa actividade con absoluta responsabilidade.

Leer más

A Domus do Mitreo amosa ao mundo a pegada romana de Lugo

O Museo ofrece na súa web ampla información e documentación científica relativa ao xacemento arqueolóxico que acubilla ao tempo que propón ao alumnado preuniversitario fichas didácticas que permiten iniciarse ou afondar no coñecemento da historia e da arqueoloxía de xeito divertido

Leer más