Pasar al contenido principal

Exposición

Unha imaxe e mil palabras

29.09.2022-30.11.2022 | 09.00h-21.00h

Facultade de Filoloxía
1.º e 2.º andar

Unha imaxe e mil palabras
Unha imaxe e mil palabras

A Facultade de Filoloxía ten o pracer de presentar a exposición de carteis “Unha imaxe e mil palabras”, inscrita na sección de exposicións temporais do programa Contornos, de atención a ámbitos externos relacionados coa cultura e a sociedade.

A mostra é un exemplo da importancia de utilizar o discurso visual para comunicármonos de xeito máis efectivo. Supón o primeiro proxecto expositivo de Jorge Rodríguez Durán como artista gráfico e deseñador.

A mostra poderase visitar no primeiro e segundo andar da facultade entre os días 29 de setembro e 30 de novembro de 2022.