Pasar al contenido principal

Convocatoria Erasmus KA171 para doutorandos/as

A USC publica a convocatoria para mobilidades Erasmus KA171 para realizar estadías de doutoramento nas universidades socias do Programa Erasmus+ KA171 de fóra da Unión Europea.

Características:

  • Duración das mobilidades: mínimo 2 meses e máximo 5 meses.
  • Axuda económica para mantenza: 700 €/mes.
  • Axuda de viaxe: en función da distancia á universidade de destino, entre 530 € e 1.500 €.
  • Prazo de solicitude: aberto ata fin de prazas.

Lígazón á convocatoria