Pasar al contenido principal

Exposición

'CONSTELATIO'

07.09.2023-10.11.2023 | 20.00h

Santiago de Compostela

Unha mostra do artista santiagués José Manuel Méndez Rodríguez 'Pitelos' comisariada por Adriana Pazos Ottón

Cartel da exposición
Cartel da exposición

A Igrexa da Universidade acolle do 7 de setembro ao 10 de novembro a exposición 'CONSTELATIO', unha mostra na que o pintor  José Méndez Rodríguez 'Pitelos' reúne máis dun cento de artistas do panorama creativo galego a través de retratos, esculturas, ornamentación e 'Ovos Vitae'. 

O acto inaugural, programado o xoves 7 de setembro ás 20.00 horas, contará coa participación da vicerreitora de Estudantes e Cultura Pilar Murias, da comisaria da mostra, Adriana Pazos Ottón e do artista José Méndez Rodríguez. 

Na mostra 'CONSTELATIO'  figuras mitolóxicas e zodiacais personifícanse en retratos a través da man e a creatividade inesgotable do pintor compostelán. 
Máis de 46 retratos personificados acompañados dos seus respectivos “Ovos Vitae”, esculturas creadas polos artistas participantes, e máis de 60 pezas da mesma colección.
A propia substancia de CONSTELATIO tende pontes cara a todas as épocas dialogando coa arquitectura do espazo, coa súa ornamentación na formulación da montaxe e a concepción
escenográfica dos elementos portantes como soporte dos retratos.

'CONSTELATIO' convértese así nun xogo de exacerbación efectista realizando unha fusión ilusoria e material coa arquitectura, a escultura e a pintura que habitan a Igrexa. A mostra ofrece un diálogo sobre a conciencia de ser parte dun universo infinito, gobernado por leis eternas, alleo á lóxica e o control da mente humana. Un universo plural, ilimitado en configuracións, aparencias e expresións, marcado polo hibridismo das formas e os elementos. Complexos temas alegóricos plásmanse en imaxes fortemente evocadoras onde a atmosfera dos mitos antigos volva vivir nun ambiente en que poida experimentarse o sobrecollemento do humano ante o divino.

A mostra, coordinada por OLALAB Acción Cultural e con montaxe de Escenoset- Pitelos, conta coa colaboración da vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC e da Deputación da Coruña. Poderá ser visitada de de mércores a venres de 17 a 21 horas, os sábados de 11.30 a 14 horas e de 17 a 21 horas, e os domingos de 11 a 15 horas. 

Visitas guiadas

Durante o período expositivo, a mostra ofrece un amplo programa de visitas guiadas teatralizadas da  man de artistas da contorna teatral galega. Non é preciso facer inscrición previa 

  • 10 de setembro | 13 horas: con Avelino González
  • 13 de setembro | 17 horas: con Quico Cadaval
  • 22 de setembro | 18 horas: con Victoria Paz (visita guiada para público infantil)
  • 27 de setembro | 19.30 horas: con Josito Porto
  • 7 de outubro | 18 horas: con Melania Cruz
  • 11 de outubro | 17 horas: con Quico Cadaval
  • 19 de outubro | 18 horas: con Guillermo Carvajo
  • 27 de outubro | 20 horas :  con  J.Méndez PITELOS
  • 2 de novembro | 17.00 horas : con Quico Cadaval
  • 4 de novembro | 13 horas: con Xavier Estevez
  • 9 de novembro |18 horas: con Luma Gómez
Los contenidos de esta página se actualizaron el 30.10.2023.