Pasar al contenido principal

Outono cultural

Concerto de Fillas de Cassandra

15.11.2023 | 21.00h

As entradas, un máximo de dúas por persoa, pódense recoller de balde o mesmo día do concerto a partir das 19.30 horas

Fillas de Cassandra
Fillas de Cassandra

Fillas de Cassandra chega ao Outono Cultural da USC. O concerto está programado para o mércores 15 de novembro ás 21.00 horas na Igrexa da Universidade. As entradas poderanse recoller de balde o día do concerto a partir das 19.30 horas na entrada do recinto, cun máximo de dúas por persoa. O acceso ao concerto farase a partir das 20.45 horas.

Sara Faro (2001) e María Pérez (1996) forman este dúo musical galego. A súa música xorde da confluencia das súas inquedanzas, soños, rabias, loitas e medos: unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas no canto de tradición oral pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica, viaxando dende o contrapunto do barroco ata os subs do techno máis escuro.

O espectáculo que propoñen co seu primeiro LP, 'Acrópole', bebe tamén do teatro, convidando o público a ser parte dun percorrido ao longo da historia, da man dos nomes das heroínas que rescataron da mitoloxía clásica e coas que pretenden establecer un diálogo. O piano, as diferentes percusións e as harmonías vocais son apoiadas por bases electrónicas que, a pesar da súa potente sonoridade, capaz de instalar atmosferas de por si soas, non eclipsan a mensaxe.

"Fillas de Cassandra somos só dúas, pero escribimos da man de todas as que foron feitas de olvido, para sermos alguén, todas xuntas", explican. 

Canta miña sombra (negra sombra)
Los contenidos de esta página se actualizaron el 26.10.2023.