Pasar al contenido principal

Faíscas Culturais

Instalación Manuela Rey is in the street

06.03.2024 | 18.00h-20.00h

Casa do Cabido. Praza de Praterías
Santiago de Compostela

A cuarta edición do programa Faíscas Culturais profunda, con intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación teatral especial, na vida e obra de Manuela Rey

Faísca Manuela Rey is in da USC
Faísca Manuela Rey is in da USC

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Na faísca 'Manuela Rey is in da USC' abordarase desde diferentes disciplinas os múltiples perfís da vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz nacida en 1842 no lugar da Valiña, na parroquia de San Vicente de Tigrás do concello de Mondoñedo.

Para motivar, para aprender e para coñecer quen era Manuela Rey, a Muller-Lirio, con todo o que era e representaba, como actriz, como autora, como migrante e tamén coa idea de identidade, retrato, icono, xénero, era imprescindible a participación da Facultade de Ciencias da Educación, da didáctica das Artes, de didácticas específicas. Todo o traballo desenvolvido nas aulas cristalizará en diferentes actos; un deles será a 'Instalación Manuela Rey is in the street', esta faísca pode verse o mércores 6 de marzo ás 18.00 horas na Casa do Cabido, praza das Praterías.

Na actividade participan alumnas e alumnos de Ciencias da Educación que tomaron parte no proxecto así como as profesoras responsables do mesmo. Así mesmo presenciarán o evento a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias;  a directora xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, María del Carmen Martínez Insua; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago, Miriam Louzao; a vicedirectora do INCIPIT/CSIC, Cristina Sánchez Carretero; a presidenta do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; a directora do Instituto Camões de Vigo, Célia Mendes; a directora e actriz do elenco residente do Teatro do Noroeste - Centro Dramático de Viana, Elisabete Pinto e o vicedirector da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Daniel González Salgado.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 05.03.2024.