Pasar al contenido principal

Faíscas Culturais

Instalación colectiva 'Unha postal para a muller lirio'

07.03.2024 | 13.00h-15.00h

Santiago de Compostela
Campus Norte - Entrada da Facultade

A cuarta edición do programa Faíscas Culturais profunda, con intervencións artísticas, conferencias, encontros e unha representación teatral especial, na vida e obra de Manuela Rey

Faísca Manuela Rey is in da USC
Faísca Manuela Rey is in da USC

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. 

Na faísca 'Manuela Rey is in da USC' abordarase desde diferentes disciplinas os múltiples perfís da vida e obra de Manuela Rey, unha importante e descoñecida actriz nacida en 1842 no lugar da Valiña, na parroquia de San Vicente de Tigrás do concello de Mondoñedo.

Para motivar, para aprender e para coñecer quen era Manuela Rey, a Muller-Lirio, con todo o que era e representaba, como actriz, como autora, como migrante e tamén coa idea de identidade, retrato, icono, xénero, era imprescindible a participación da Facultade de Ciencias da Educación, da didáctica das Artes, de didácticas específicas. Todo o traballo que se desenvolverá nas aulas cristalizará en diferentes actos; un deles será a 'Instalación colectiva Unha postal para a muller lirio'.

Poderás ver esta faísca o día 7 de marzo ás 13.00 horas na entrada da Facultade.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 15.02.2024.