Pasar al contenido principal

Partido de fútbol entre profesorado e estudantado a prol da Fundación Andrea

Imaxe de arquivo dun partido no Campo universitario de fútbol
Imaxe de arquivo dun partido no Campo universitario de fútbol
Disputarase o xoves 24 no Campo universitario de fútbol

O campo universitario de fútbol  acollerá o vindeiro 24 de abril unha xornada benéfica coa celebración de dous partidos entre profesorado e estudantado universitario, tanto na modalidade masculina como feminina. Os encontros comezarán ás 19.30 horas cun custe simbólico de 2 euros que as entidades promotoras destinarán integramente á Fundación Andrea, organización de apoio a rapazada con enfermidades de longa duración e as súas familias.

O evento está organizado por Elsa USC, grupo local en Santiago de Compostela de The European Law Students’ Association, colectivo de estudantes de Dereito con presenza en máis de 300 universidades europeas e máis de 20 universidades españolas.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 16.04.2025.