Pasar al contenido principal

Premio extraordinario de doutoramento 23-24

De acordo coa Normativa de Concesión do Premio Extraordinario e co Regulamento de Estudos de Doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela, convócanse os premios extraordinarios de doutoramento correspondentes ao curso 2023-24.

Calquera dúbida ou consulta sobre o procedemento débese realizar por correo electrónico, indicando a grande área de coñecemento correspondente, ao enderezo da EDIUS: edius [at] usc.es (edius[at]usc[dot]es).

No Taboleiro electrónico da USC pódese atopar a Normativa pola que se rexe a concesión dos premios neste ano, e a Convocatoria cos seus anexos: o Anexo I coa distribución de grandes áreas, subáreas e programas de doutoramento; o Anexo II coas teses que poden optar ao Premio; e o Anexo III cos criterios de valoración das solicitudes.

O procedemento iníciase cun prazo de alegacións á listaxe de teses candidatas a premio (Anexo II) e aos datos consignados nesa lista, previo ao prazo de presentación de solicitudes. Tanto as alegacións como as solicitudes realizaranse a través dun formulario habilitado en Sede electrónica da USC. 

Prazo de presentación de alegacións ao Anexo II (Teses candidatas): 5 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria e os seus anexos no Taboleiro oficial. Do 10 ao 16 de xuño de 2025, ambos incluídos.

Formulario en Sede para presentar alegacións á listaxe de teses candidatas (Anexo II) dos premios extraordinarios de doutoramento 2023-2024.
 

Prazo de presentación de solicitudes ao Premio Extraordinario: o prazo para que os e as candidatos/as presenten a súa solicitude dará comezo unha vez que, estimadas as alegacións que procedan, se publique, de ser o caso, un novo Anexo II. Desde o día seguinte ao da publicación deste novo Anexo II as persoas interesadas contarán con 10 días hábiles para presentar a súa solicitude. Do 20 de xuño ao 3 de xullo de 2025.

Cada persoa candidata deberá cubrir o Modelo de solicitude e subilo ao formulario de sede xunto coa documentación xustificativa de cada mérito.

Formulario en Sede para presentar a solicitude a premio extraordinario.

Documentación da convocatoria

Los contenidos de esta página se actualizaron el 08.07.2025.