XXII Congreso International do Atlas Linguistique Roman
Santiago de Compostela, 19-23 xuño 2017

Queridas e queridos colegas do Atlas Linguistique Roman, Santiago de Compostela acollerá por terceira vez a tódolos investigadores do ALiR, como xa o fixo con millóns de peregrinos durante séculos. A cidade vos acollerá durante algúns días co propósito de dar un novo impulso ao noso proxecto e rematar a preparación do próximo volume para que estea preparado para a publicación.Vostedes están xa ao corrente desta proposta despois do Congreso de Baia Mare (Romanía) do pasado setembro, cando propuxemos facer coincidir o noso Congreso co do Atlas Linguarum Europae, como xa tivo lugar no pasado, hai varios anos en Italia, en Saint-Vincet. Porén, se, por unha parte, esta coincidencia pode resultar proveitosa para ambos proxectos, por outra parte, esta circunstancia vainos obrigar a optimizar o tempo e a concentrar as actividades.As datas previstas para os traballos dos dous Congresos son o 20, 21 e 22 de xullo de 2017. Os traballos do ALE concentraranse na xornada do 20 e na mañá do 21, e os traballos do ALiR terán lugar durante a tarde do 21 e toda a xornada do 22.

Polo tanto, precisamos coñecer o máis rapidamente posible os nomes das persoas que participarán no Congreso. A data límite de inscrición será o día 28 de febreiro, pero por razóns administrativas estaríamoslles moi agradecidos se nos puidesen facer chegar a súa intención de participar antes do 18 de febreiro, cubrindo o formulario de inscrición que atoparán na páxina web do Congreso (http://www.usc.es/filrom/congresos/alir/inscricion); deberán indicar a súa intención de presentar a síntese ou sínteses do ALiR que teñen ao cargo.

Os participantes do Congreso poderán chegar o 19 de xuño e hospedarse na Residencia “Burgo das Nacións” da Universidade de Santiago. Os interesados nesta posibilidade deberán cubrir o formulario de aloxamento na páxina web do congreso, indicando a data de chegada e a data de partida.

A organización ofrecerá toda a información necesaria aos participantes que prefiran estar albergados nun hotel, pero nese caso deberán asumir eles mesmos tódolos gastos relativos ás noites no hotel. Na web do Congreso poderán atopar algunha información sobre os hoteis recomendados.

O 23 de xuño terá lugar unha visita cultural durante a mañá para os congresistas que desexen participar.

Poden atopar información sobre os horarios e prezos dos autobuses que cubren o traxecto do aeroporto ao centro da cidade de Santiago, e a indicación das paradas máis recomendadas. Igualmente atoparán información sobre os taxis dende o aeroporto.
Pregámoslles que utilicen o máximo posible a páxina web do Congreso para a inscrición, as diversas informacións, o aloxamento, os comentarios e suxestións e, en xeral, para todas as comunicacións coa organización.

Os investigadores que participen unicamente no Congreso do ALiR deberán cubrir o formulario de inscrición deste congreso, pero prégase que aqueles que desexen participar tamén nos traballos do ALE cubran tamén o formulario para este segundo coloquio.

En resumo (datas e información a recordar):
Inscrición participantes: antes do 28 de febreiro (pregámoslles que nos comuniquen a súa intención de participar antes do 18-2-2017)
O prazo de inscrición para o resto de asistentes continúa aberto.
Chegada dos congresistas: 19 xuño 2017
Desenvolvemento dos traballos: 20-22 xuño, mais as sínteses do ALiR serán expostas o 21 e 22.
Visita cultural voluntaria e regreso dos congresistas: 23-06-2017
Aloxamento: Residencia universitaria “Burgo das Nacións” da Universidade de Santiago.

Entidades Organizadoras:

  • Centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades
  • Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela
  • Comité de direction de l’ Atlas Linguistique Roman

Comité Organizador
Presidencia

    • Manuel González González (Universidade de Santiago de Compostela e Centro Ramón Piñeiro)
    Michel Contini (Université Grenoble Alpes, France)

Vogais:

    • Rosario Álvarez Blanco (Universidade de Santiago de Compostela)
    • Elisabetta Carpitelli (Université Grenoble Alpes, France)
    • Mircea Farcaş (Universitatea de Nord, Baia Mare, Roumanie)
    • Francisco Fernández Rei (Universidade de Santiago de Compostela)
    • Pilar García Mouton (Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Madrid)
    • Antonio Romano (Università di Torino, Italia)
    • Mª Dolores Sánchez Palomino (Universidade da Coruña)
    • Antón Santamarina Fernández (Universidade de Santiago de Compostela)
    Joan Veny (Universitat de Barcelona)

Secretaría:

    Alba Aguete (USC)

Comité Científico

    • Marie-Guy Boutier (Université de Liège, Belgique)
    • Francisco Fernández Rei (Universidade de Santiago de Compostela, Galicia, España)
    • José Enrique Gargallo Gil (Universitat de Barcelona, Catalunya, España)
    • Gabriele Iannaccaro (Università degli Studi di Milano-Bicocca, Italia)
    • Jean Le Dû (l’université de Brest, France)
    • Lorenzo Massobrio (Università degli Studi di Torino, Italia)
    • Jeanine Médélice (Université Grenoble Alpes, France)
    • Isabel Molina Martos (Universidad de Alcalá, España)
    • João Saramago (Centro de Linguistica da Universidade de Lisboa, Portugal)
    • Nicolae Saramandu (Nicolae Saramandu, Institut de Linguistique « Iorgu Iordan-Al. Rosetti », Université de Bucarest, Roumanie)
    Vasile Pavel (Universitatea Pedagogică de Stat “Ion Creangă” din Chişinău, Republica Moldova)