Cantigas de Santa María. Proposta de explotación didáctica

Elvira Fidalgo Francisco, Milagros Muíña

O libro, destinado a estudantes de Educación Secundaria, propón unha pequena selección de cantigas, co texto adaptado en galego. Complétase cunha paráfrase de cada cantiga, un comentario, exercicios gramaticais sobre cada unha delas e unha proposta de actividades que convidan ó estudante a reflexionar sobre o tema que vertebra a cantiga en cuestión e que permite vincular os textos medievais coa sociedade actual.