Analiza a difusión da materia artúrica en Portugal durante a Idade Media, no contexto máis amplo dos outros reinos ibéricos, especialmente naqueles que ocupaban o oeste e o centro da Península. Téñense en conta, así mesmo, os condicionantes baixo os que se desenvolveron os estudos destes textos, desde a segunda metade do século XIX, nos que a miúdo influíron os prexuízos nacionalistas dos propios estudosos. Isto reflectiríase, por exemplo, no debate sobre cal foi a lingua na que se realizaron as primeiras traducións ibéricas e en que medida esas primeiros testemuñas serían a orixe das outros testemuñas máis tardías. Dedícanse apartados específicos á análise da produción historiográfica (Livro de linhagens do conde D. Pedro de Barcelos, Crónica de 1344), aos textos derivados dos ciclos en prosa franceses (Livro de José de Arimateia, Merlim, Demanda do Santo Graal) e aos cinco lais de Bretanha do Cancionero da Biblioteca Nacional de Lisboa. Un apartado final rastrexa a influencia da materia artúrica nos libros de cabalerías portugueses escritos entre os séculos XVI e XVIII.
Capítulo
Libro: The Arthur of the Iberians. The Arthurian Legends in Spanish and Portuguese Worlds
D. Hook (ed.)
Lugar: Cardiff
Editorial: University of Wales Press
Ano: 2015
Páxinas: 58 - 117
ISBN: 978-1-78316-241-3