El multilingüismo en la lírica trovadoresca gallegoportuguesa, entre la barbarolexis y la clerecía

Santiago Gutiérrez García

O uso de varias linguas nunha mesma composición remonta aos preceptos da retórica clásica, nos que advertía contra o uso da barbarolexe por considerala un defecto. Con todo, durante a Idade Media, a medida que a Poética adquire entidade propia fronte á Gramática, o multilingüismo pasa a ser visto como un alarde de virtuosismo artístico. Polo que se refire ao seu uso na lírica románica, debe terse en conta o seu emprego por parte dos trobadores occitanos, quen por medio deste tipo de xogos idiomáticos, reivindicaban a dignidade dos vulgares e a súa capacidade de emular ao latín en tanto que códigos artísticos. No caso da lírica galegoportuguesa, debe contemplarse, por unha banda, o papel de modelo que sobre ela exerce a lírica occitana. Pero, por outra, tamén é preciso ter presente o cambio ideolóxico que, desde o século XIII, empezaba a considerar positiva a existencia de diversas linguas no mundo -lonxe xa do mito de Babel e a súa confusión lingüística-, así como do coñecemento de varios idiomas. Á vangarda deste cambio de mentalidade atopábase a clase emerxente dos letrados, que se converten en pezas chave das chancelarías da época e da cultura cortés.