O Concello de Santiago, en colaboración co Movemento de Renovación Pedagóxica Nova Escola Galega, vén de entregar os IX Premios Educacompostela, «creados para recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que polo seu valor e interese poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica» (Botons.eu).
A nosa compañeira Tania Vázquez obtivo unha mención especial polo seu traballo Vivenciando a Idade Media, que destacou pola súa orixinalidade e innovación coa que se aborda a Idade Media dentro da materia de Lingua e Literatura Galega en Bacharelato.
Parabéns, Tania!