En coordinación coa Universitat de Barcelona, o obxectivo fundamental do proxecto é o estudo do protagonismo das voces femininas (ficticias, pois non se conservan nomes de «trobadoras») e do seu espazo na lírica galego-portuguesa, sempre en relación coa lírica románica, atendendo ás súas principais representacións, e tendo en conta os ámbitos histórico e artístico nos que se enmarca.
Arquivos
Glosario crítico de la poesía medieval gallego-portuguesa. IV. Edición crítica digital de las cantigas de amigo
Paleografía, Lingüística e Filoloxía. Laboratorio on-line da lírica galegoportuguesa
O obxectivo fundamental do proxecto é desenvolver unha ferramenta electrónica nova que conteña a transcrición paleográfica de todos os manuscritos da lírica trovadoresca galegoportuguesa. Dita ferramenta non se limitará a ofrecer unha transcrición dos textos (fiel e contrastable en todo momento coa reprodución dos códices orixinais, que se presentará ao seu lado), senón que tamén incorporará unha linguaxe de marcado que permitirá que os investigadores e interesados na poesía medieval realicen no corpus procuras de carácter paleográfico (e gráfico), lingüístico, codicolóxico, métrico e/ou ecdótico.
Edición crítico-interpretativa do Livro d’Alveitaria. Bases para unha plataforma on-line da tradición do De medicina equorum
Vinculado tamén ao Plan I2C da Xunta de Galicia (modalidade B), este proxecto quere implementar as dúas actividades precedentes coa elaboración dunha edición crítico-interpretativa do Livro d’Alveitaria portugués e completar, así, o seu “campo bibliográfico”. A partir das diferentes aproximacións á obra preténdese sentarse as bases para o deseño dunha edición dixital dese texto que sexan de aplicabilidade a cada un dos 173 manuscritos identificados que transmiten o De medicina equorum de Giordano Ruffo (do que o Livro é unha reelaboración) e poder, daquela, trazar os vectores da transmisión do primeiro manual de veterinaria do occidente medieval en empresas futuras e de maior alcance.
O códice 2294 da Biblioteca Nacional de Portugal e o Livro d’Alveitaria do Mestre Giraldo
Vinculado tamén ao Plan I2C da Xunta de Galicia (modalidade A), esta actividade presentábase como continuación da precedente e buscaba profundar no estudo do cód. 2294 da BNP desde unha perspectiva arqueolóxica. Analizouse a materialidade e historia do testemuño, estudando a súa cronoloxía, confección, organización, contido, propietarios, e trazando hipóteses sobre as alteracións materiais que sufriu o volume despois de entrar na BNP.
Textos para o corpus galego-portugués medieval: o Livro d’Alveitaria portugués e o Tratado de Alveitaria galego
Realizado ao abeiro do Plan I2C da Xunta de Galicia (modalidade A), este proxecto (que se viu afectado por unha baixa médica desde o 10/01/2014 ata o 12/11/2014) desenvolveuse na Universidade Nova de Lisboa. O obxectivo principal foi a elaboración dunha transcrición do Livro d’Alveitaria escrito polo Mestre Giraldo por encargo de Don Denis en 1318 e conservada no cód. 2294 da Biblioteca Nacional de Portugal. A pertinencia do traballo viña determinada pola necesidade de mellorar a meritoria, mais deficiente, proposta de Gabriel Pereira en 1909 co obxecto de proporcionar un texto máis fiable desde aquela aproximación paleográfica con vistas a unha posible incorporación da obra ao CIPM.
Las Cantigas de Santa Maria. De la edición a la interpretación.
Estudo codicolóxico dos códices T e F das Cantigas de Santa Maria.
Patrimonio cultural de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal
Resultados
- Documental As ribeiras do Miño, o berce da lírica hispánica. Ver en Youtube: Galego | Castelán | Inglés
- CD Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica. Escoitar en Bandcamp.
- Libro Vai lavar cabelos na fontana fría. As orixes da lírica hispánica.
- Libro Transitando polas vías da lírica hispánica. A ruta dos trobadores.
- Diálogos sobre a lírica galega medieval (con Carlos Núñez e Mariña Arbor). Ver en Youtube.
- Pero Meogo cantado por Antoni Rossell. Ver en Youtube.
- Fragmenta Vai lavar cabelos na fontana fría. Ver en Youtube.
Patrimonio cultural de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal: Valoración e Innovación (GEOARPAD III-PILOTO 1-LÍRICA) abrangue o estudo da Historia, da Arte e da Literatura medievais co propósito de deseñar e elaborar produtos turísticos dixitais que permitan a participación activa dos seus usuarios.
Concretamente, o proxecto analizará unha serie de relacións que se constatan entre determinadas abadías cistercienses do sur de Galicia e o norte de Portugal, as familias nobres alí implantadas e a implicación destas na creación e promoción dos textos líricos galego-portugueses.
A iniciativa pretende poñer en valor o patrimonio material e inmaterial dunha zona da Península Ibérica inmerecidamente deprimida, que non só ofrece unha riqueza patrimonial senlleira senón que constitúe o berce dunha tradición literaria que guiou o canon da poesía lírica no centro e occidente ibéricos entre os séculos XII e XIV.
Os resultados obtidos no proceso de investigación divulgaranse mediante unha serie de materiais interactivos, audiovisuais e impresos creados para que os visitantes gocen e experimenten a Idade Media.
Cortes ibéricas, redes sociais trobadorescas e textos
Investigador contratado
Manuel Negri (11/10/ 2017 – 30/11/ 2017).
Diseminación de resultados en coloquios e congresos
- Comunicación: D. González, “Agora me quer’eu ja espedir / da terra e das gentes que i son. Notas al descordo de Nuno Eanes Cerzeo”, VI C. I. de La SEMYR (Barcelona, 15-17/09/2016).
- Comunicación: D. González, “O universo poético de Nuno Eanes Cerzeo”, XVII C.I. AHLM (Roma, 26-30/09/2017).
- Comunicación: D. González, “Hacia una cronología del debate gallego-portugués”. VI C.I. Convivio (Alicante, 23-25/05/2018).
- Comunicación: D. González, “Del manuscrito a la edición: los debates de los trovadores gallego-portugueses en los cancioneros B y V”, VII C.I. SEMYR (Salamanca, 4-6/09/2018).
- Comunicación: D. González, “Cantigas de escarnio y tenções. Joan Baveca, Pero d’Ambroa y Pedr’Amigo de Sevilha”, XVIII C.I. AHLM (Barcelona, 2-6/09/2019).
Étude d’une selection de Cantigas de Santa Maria d’Alphonse X
Bolsa posdoutoral da Fondation Maison de Science de l’Homme, para o estudo das Cantigas de Santa Maria de Alfonso X no Centre d’Études Supérieures de Civilisation Médiévale de Poitiers.