Paleografía, Lingüística e Filoloxía. Laboratorio on-line da lírica galegoportuguesa

Investigador principal

Pilar Lorenzo Gradín

Equipo investigador

Antonio Fernández Guiadanes, Carmen de Santiago Gómez, Déborah González Martínez, Helena Bermúdez Sabel, María Mercedes Brea López, Isabel Morán Cabanas, M.ª Ana Ramos, Susana Pedro, Simone Marcenaro, José Carlos Sánchez Rivas

O obxectivo fundamental do proxecto é desenvolver unha ferramenta electrónica nova que conteña a transcrición paleográfica de todos os manuscritos da lírica trovadoresca galegoportuguesa. Dita ferramenta non se limitará a ofrecer unha transcrición dos textos (fiel e contrastable en todo momento coa reprodución dos códices orixinais, que se presentará ao seu lado), senón que tamén incorporará unha linguaxe de marcado que permitirá que os investigadores e interesados na poesía medieval realicen no corpus procuras de carácter paleográfico (e gráfico), lingüístico, codicolóxico, métrico e/ou ecdótico.

Máis información