Santiago Apostol na crise baixomedieval da Coroa de Castela

Investigador principal

Santiago López Martínez-Morás

Equipo investigador

Santiago Gutiérrez García, Luis Fernández Gallardo (UNED Hellín)

O proxecto estuda os cambios no culto xacobeo baixomedieval con respecto á etapa histórica anterior, as súas variantes e o proceso de laicización propio desta última época. A análise efectúase a través dunha serie de textos literarios, fundamentalmente épicos e historiográficos, nos que se percibe un forte cambio de mentalidade no que o elemento cabaleiresco e o contexto da guerra de Granada, así como certos aspectos relativos ás orixes de Castela, teñen un valor crucial na formación desta nova visión do fenómeno xacobeo, afastada da que se forxou nos séculos centrais da peregrinación.