As Cantigas de Loor de Santa María

Elvira Fidalgo Francisco (coord.)

Edición das corenta e dúas cantigas de loor do cancioneiro marial de Afonso X. O estudo comprende unha introdución que sitúa o lector nas coordenadas do culto mariano na Idade Media; a continuación, facilítanse xeralidades atinxintes ás cantigas de loor, onde se clarifican algúns conceptos de carácter teolóxico; a seguir ocúpase da tradición manuscrita e, finalmente, explícanse os criterios aos que responde a edición presentada. O corpo da edición constitúeno os corenta e dous textos co aparato de variantes presentes nos outros manuscritos e, acompañando a cada un dos textos, un apartado de notas onde se asentan conceptos de tipo filolóxico e teolóxico; por último, a cada cantiga corresponde un comentario explicativo que, segundo a natureza do texto, estará máis orientado cara a unha interpretación literaria ou teolóxica, non excluíndose, obviamente, ningún dos dous aspectos. Finalmente, os índices e un completo repertorio bibliográfico.