As Cantigas de Santa Maria

Elvira Fidalgo Francisco

A monografía estuda os aspectos fundamentais do magno cancioneiro marial, desde a tradición literaria na que se asenta ata a análise do modelo arquitectónico que sostén as cantinas. Faise un estudo global das distintas modalidades textuais e non falta un apartado para a música e para as prosificacións castelás dalgúns textos. O estudo complétase cunha rica análise da iconografía a cargo de Rocío Sánchez Ameijeiras.