Cando o “peso” da investigación filolóxica se pode converter nun lastre (I): que + vogal na lírica profana galego-portuguesa
Tralos estudos realizados o século pasado por Nobiling e Cunha, que establecían que na lírica profana galego-portuguesa o encontro intervocabular entre a conxunción ou pronome que + vogal (tónica ou átona) se resolvía en hiato, M. Ferreiro puxo de relevo que en moitas ocasións os estudosos non teñen en conta este precepto á hora de establecer o texto crítico das cantigas que editan. A presente contribución pretende revisar criticamente algunhas propostas de emenda realizadas por estes investigadores co obxectivo de restablece-la isometría versal en casos en que Michaëlis e Lang (na edición do Cancioneiro da Ajuda e no cancioneiro do rei don Denís, respectivamente) supoñían que o encontro intervocabular se resolvía mediante unha sinalefa.