As Cantigas de Santa Maria son relatos nos que fundamentalmente se demostra que o mal pode ser vencido polo ben. Esta batalla se exemplifica coa exposición de escenas nas que os personaxes vense constantemente axexados polo diaño, moitas veces con aparencia zoomórfica. Nesta contribución analízanse algúns animais (o porco, o touro, o león, o can, o dragón, a balea) que aparecen nestes textos alfonsíes revestidos cos valores simbólicos que foron adquirindo ao longo dos séculos, sobre todo por vía relixiosa, ata facer de cada especie animal a representación dunha característica propia da conduta humana.
Capítulo
Libro: Monde animal et végétal dans le récit bref du Moyen Age
Hugo Oscar Bizzarri (ed.)
Lugar: Wiesbaden
Editorial: Reichert Verlag
Ano: 2018
Páxinas: 233 - 249
ISBN: 978-3-95490-277-4