El público de las Cantigas de Santa Maria. Algunas hipótesis sobre su difusión
É frecuente que, na actualidade, os intérpretes de música medieval inclúan algunha das Cantigas de Santa Maria no seu repertorio. Con todo, é moi difícil coñecer a repercusión que estas cancións de encomios e milagres da Virxe puideron ter durante a época de compilación do marial ou nos anos posteriores, pois non queda testemuño algún da súa execución real nin se coñecen imitadores do xénero que puidesen ser un indicio da fama alcanzada por estes cantares. En esta contribución propóñense algunhas hipóteses con intención de delinear as posibles vías polas cales o texto puido liberarse do manuscrito (se é que conseguiu facelo).