El canon de la literatura europea

(ed.)

Existe na conciencia dos docentes europeos un sentir común con respecto á existencia dun canon literario compartido? E, no caso de que así sexa, é posible pensar nun ensino literario básico común a toda Europa? Pode a literatura, a pesar da intensa presenza dos modernos medios de comunicación de masas, seguir xogando un papel fundamental na formación do imaxinario e do sistema afectivo das xeracións novas en toda Europa? A partir dunha sondaxe realizada en institutos e universidades de cinco países da Unión Europea (Alemaña, Italia, Portugal, Romanía e España), neste volume reúnense quince textos, de Homero a Kafka, máis unha última obra, a décimo sexta, “nacional”, cos que se tenta dar unha resposta positiva a estes interrogantes.