
Estudo sobre a composición, organización e estrutura dos relatos épicos contidos no Pseudo Turpín. Analízase pormenorizadamente a estrutura das dúas partes argumentais e proponse unha hipótese nova sobre a integración de certos textos épicos perdidos, que xustificarían varios capítulos do relato e a aparente independencia temática doutros. Explícase, igualmente, a evolución da centralidade do texto, que pasa de Carlomagno ao seu sobriño Roldán.