Ildefonsus y Bonus en las Cantigas de Santa Maria: una lectura paralela según las fuentes hipotéticas
O tema da doazón dunha vestimenta celeste entra, nas Cantigas de Santa Maria, nos miragres que teñen como protagonistas dous santos bispos: San Ildefonso de Toledo (Cantiga 2) e San Bonus de Clermont (Cantiga 66). A pesar da similaridade destes dous relatos, as fontes que os alimentan mostran procedencias de todo distintas, cunha interferencia que se puido producir na parte alta da tradición. O artigo presenta unha lectura e unha análise comparativa, por puntos, entre as fontes potencialmente presentes no scriptorium de Afonso e a Cantiga 66, chegando a conclusión que, se ben resulta difícil debuxar unha hipótese plenamente determinista canto á procedencia do récit, hai que volver considerar a tradición no seu conxunto.