La expresión del joi en la escuela trovadoresca gallegoportuguesa

Elvira Fidalgo Francisco

Se a poesía trovadoresca occitana vén definida polo joi como manifestación dun amor correspondido ou, polo menos, esperanzado, a poesía dos trobadores galego-portugueses vén, ao contrario, caracterizada pola expresión da dor de saber que o trobador nunca será amado. No plano léxico, este concepto indícase co termo coita. Con todo, cara o último cuarto do s. XIII, algúns trobadores rompen con esta característica esencial á cantiga de amor e manifestan a súa alegría por diversas razóns. Neste traballo analízanse os escasísimos textos nos que se manifesta esa vontade de ampliar o reducido abano de temas e motivos co que se forxou o modelo da cantiga de amor nos albores da escola, e a transgredir as directrices asentadas pola tradición. Como é practicamente imposible ordenar cronoloxicamente as cantigas que se analizan, optouse por un criterio de maior a menor recoñecemento da expresión do contento amoroso, combinado co cronolóxico (na medida do posible).