La Fiammetta “scrittrice” e adultera nell’Elegia di Giovanni Boccaccio

Maria Francesca Loffredo

A obra introspectiva que coloca en primeiro plano a alma ferida dunha muller e que se dirixe principalmente ás doncelas, revela a intención do autor de amoestar ás pietose donne sobre as consecuencias do amor frenético. Estes propósitos morais ocultan un desexo de control da muller por parte de Boccaccio, aproximando o autor ao pensamento misóxino medieval. O texto analiza a personaxe de Fiammetta que, a través da fictio, utiliza a escritura como unha forma de redención e converte a súa propia experiencia en exemplum. Con todo, a partir dunha actitude contra as mulleres, a escritura feminina conquista un novo protagonismo no panorama literario medieval.