La touca como símbolo en la lírica gallego-portuguesa

Esther Corral Díaz

Estúdase a touca, unha peza do vestido feminino da Idade Media, exclusiva da área cultural hispánica e con funcións denotativas que traspasan o seu significado primario para achegar valores expresivos novos, significativos no caso da lírica galego-portuguesa tendo en conta a escasa frecuencia de alusións á vestimenta feminina. Ao tratarse dun obxecto que cobre o cabelo da muller, a touca relaciónase coa condición civil da protagonista, ao mesmo tempo que se mostra como peza que visualiza o compromiso entre os amantes, pois pertence ao campo sémico das ‘pezas de amor’ que intercambian os protagonistas para selar o seu amor. Elemento importante no repertorio de símbolos do xénero da cantiga de amigo, no escarnio rexístrase como hápax que funciona como contra-texto da imaxe feminina dos xéneros amorosos.